martes, 31 de xaneiro de 2017

ESTAMOS FEITOS UNS POETAS!

Para celebrar o día da Paz os alumnos e alumnas dos PFPB de Xardinería e Restauración elaboraron entre todos esta poesía.



luns, 30 de xaneiro de 2017

CARTA, CARTA!!

O Rato Roi está na Antártida e dende alí enviou un conto para a nosa biblioteca!!




venres, 20 de xaneiro de 2017

QUE COUSAS TAN RICAS!!!!

Ola!
Estou de viaxe, camiño do meu novo destino. Xa vos contarei a onde me dirixo, unha pista....vai moito, moitísimo frío.

Quero ensinarvos unhas fotos que me enviaron dende o cole. Mirade que cousas tan ricas está facendo o noso alumnado do PFP de Restauración. 

Teño moitas ganas de ir polo cole a probar esas cousas tan ricas!

Unha aperta

O rato Roi












































                            







 








 

 










 



 








 






luns, 9 de xaneiro de 2017

HOXE COMEZA UN NOVO TRIMESTRE!

Que rápido pasa o tempo! Xa comezamos hoxe un novo trimestre que vos desexamos que se encha de boas cousas.
E para comezar e coller folgos...nada coma lembrar coas fotos o ben que o pasamos celebrando a chegada do Nadal e o Fin do 2016.





O BONECO DE XENXIBRE

Tal e como  prometeu o rato Roi na súa última carta, recibimos a visita de Bridget.
 
Bridget é una bibliotecaria que chegou dende os Estados Unidos para contarnos un conto típico do seu país polo Nadal.
Pasámolo moi ben e o alumnado de Restauración elaborou una galletas de boneco de xenxibre que estaban boísimas!