venres, 25 de maio de 2018

OS GHAZAFELLOS NO NOSO COLE!

Que bo rato pasamos cos Ghazafellos! 

Viñeron ao noso cole coa sua obra de teatro "As mil e unha noites". Encantounos e rimos moito. 

Nós tamén queremos pedirlle un desexo a ese xenio la lámpada marabillosa....que veñan a visitarnos moitas veces máis! 
E mentres o noso desexo se cumpre, deixámosvos unhas fotos da súa actuación.


LECTURA DAS FAMILIAS

Este trimestre iniciamos esta actividade que queremos que se converta nun costume na nosa biblioteca, convidamos ás familias vir a lernos contos. A experiencia foi moi boa, aos nenos e nenas fíxolles moita ilusión.

Esperamos que as familias vos vaiades animando para participar no vindeiro curso.

Moitísimas grazas ás mamás de Lara Cortizo e de Miguel Piñeiro por participar, fixérono xenial!





UNHA NOVA CARTA DE ROI

O noso ratiño anda a viaxar por México e convídanos a coñecer este país da súa man.

Que o pasedes moi ben nesta nova viaxe!!