luns, 25 de marzo de 2019

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN

A pasada semana participamos no cole na iniciativa solidaria proposta pola ONG Save the children, coa finalidade de recaudar fondos a través dunha carreira solidaria.





sábado, 23 de marzo de 2019

VISITA AOS BOMBEIROS

O pasado mércores visitamos aos bombeiros de Ferrol, e pasámolo xenial! Alí coñecimos a Diego e a Manolo que nos amosaon como é o seu día a día. 
Deixáronnos subir a distintos tipos de coches de bombeiros, probar o traxe que levan e ensinaronnos a usar as súas mangueiras. 
Foi toda unha experiencia que esperamos repetir.



luns, 18 de marzo de 2019

8M

O pasado venres celebramos o día Internacional da Muller. Para isto fixemos un acto na biblioteca, no que as diferentes aulas expuxeron o traballo realizado durante a semana sobre unha muller elixida.

Para rematar o mesmo, cantamos entre todos a canción "Son muller" de MBCP, ao mesmo que un grupo de alumnos e alumnas nos ensinaba a signar o seu retrouso.





domingo, 17 de marzo de 2019

UNHA VISITA PERRUNA

Esta semana tivemos unha visita moi especial! Viñeron ao noso cole Musa, Mulán e Nicoletta, tres cadeliñas encantadoras de Bocalán Galicia, acompañadas das súas adestradoras especialistas en IAA (intervención asistida con animais).

Gustounos moito xogar con elas, acariñalas, peitealas... Amosámosvos unhas imaxes para que vexades que boa xornada pasamos!




xoves, 7 de marzo de 2019

DE ENTROIDO EN EXIPTO!

Aproveitando que o noso rato Roi anda de vaixe por Exipto, esta foi a temática elexida para os nosos disfraces de entroido.

Mirade que ben o pasamos!