venres, 26 de xuño de 2015

FELICES VACACIÓNS

Achégase o final do curso 2014/2015, aínda que xa sin alumnos, o profesorado seguimos traballando até o día 30 preparando todo para a volta en setembro.

Queremos despedirnos de todos vós cunhas fotografías da celebración do final deste curso na que vimos o vídeo do noso proxecto "Os Miróns", disfrutamos de dúas actuacións do grupo a GuaGua e Yanko cos seus respectivos alumnos e finalmente xogamos un partido de fútbol ao aire libre disfrutando do bo día que facía.







Esperamos que pasedes unhas felices vacacións e volvades coas pilas recargadas para afrontar o próximo curso 2015/2016.

Gracias a todo o profesorado polo seu traballo durante todo o curso e aos alumnos esperando que disfruten dunhas merecidas vacacións.

ATA PRONTO!

luns, 22 de xuño de 2015

TALLER DE CARPINTERÍA

Esta última semana, o alumnado xunto co seu profesor, fixeron unha exposición na entrada do noso cole con algúns dos traballos que fixeron este curso.

Hai aunténticas marabillas! Ollade!


Unha pequena cuna, un taboleiro de damas, un lapis xigante...

Noraboa ao alumnado de carpintería e ao seu profesor!


domingo, 21 de xuño de 2015

PROXECTO "OS MIRÓNS"

Xa rematado o curso, é hora de mostravos o proxecto que levamos a cabo durante o segundo e terceiro trimestre no noso centro.
Trátase do proxecto "Os Miróns", para coñecer a vida e obra do pintor Joan Miró.

Comezamos por facer unhas fichas para adentrarnos na vida e obra do pintor:


Tamén fixemos unha para traballar a atención cos cadros de Miró:


Despois, cada clase traballou de xeito individual: as cores que utilizaba Joan Miró, representaron as figuras que él debuxaba, escribiron o seu nome, fixeron cadros, unha escultura... Podedes ver todo o proceso neste vídeo:



Gracias, en especial, ás coordinadoras do proxecto e a todo o profesorado por participar nel. 

Desexamos que vos guste, saúdos!

xoves, 18 de xuño de 2015

EXCURSIÓNS DE REMATE DE CURSO

A semana pasada fixemos dúas excursións para rematar o curso.

A primeira foi a Ortigueira, viaxamos en tren e paseamos pola vila. 

Esperando na estación do tren:


Puxémonos en marcha!:


En Ortigueira, onde paseamos, comimos e xogamos nun parque. Pasámolo xenial!!:


Á volta algún que outro neno (e profesor) quedaron durmidos!



A segunda das excursións foi a Cabanas. Esta vez fixemos a viaxe en furgonetas. Chegamos e paseamos ata chegar a un parque onde xogamos. Ao final tomamos un xeado, estaban boísimos!:




Acércase o fin de curso...que teñades un bo remate!

Ata a próxima!