O NOSO CENTRO

No noso centro escolarízase, exclusivamente, alumnado con necesidades educativas especiais que require modificacións significativas do currículo, en parte ou en todas as áreas ou materias, e que precisa da utilización de recursos moi específicos ou excepcionais, necesidades que non poden ser atendidas e recursos que non poden facilitarse dentro das medidas de atención á diversidade dos centros educativos ordinarios.

É un centro que conta coa colaboración puntual e permanente de profesionais especialistas:
  • PT
  • AL
  • Psicólogo
  • Fisioterapeutas
  • Traballadores sociais
  • Adxuntos de taller
  • Auxiliares técnicos educativos (Coidadores)
  • Departamento sanitario


Cada etapa educativa organiza, de forma flexible, os grupos de alumnos/as en función dos seguintes criterios:
  • Natureza e grao de discapacidade
  • Intereses
  • Nivel de competencia
  • Estabilidade ao longo da etapa


No noso centro contamos coas seguintes seccións:
  1. Infantil. Unha unidade co alumnado de menor idade. Moitos deles acuden ao centro en escolarización combinada.
  2. Asistencial. Unha unidade con alumnos afectados profundos e/ou plurideficientes.
  3. Trastornos xeneralizados do desenvolvemento – Espectro autista. Dúas unidades.
  4. Primaria. Catro unidades.
  5. Programas formativos adaptados. Dúas unidades, un programa de xardinería e outro de restauración.