xoves, 22 de outubro de 2015

UNHA CARTA MOI ESPECIAL

Mirade o que recibimos! Unha carta do rato Roi!
Resulta que un amigo seu, moi especial, vai vir a facernos unha visita.

martes, 20 de outubro de 2015

OBRADOIRO OUTONO 2

Facemos a vendima!

Seguimos traballando co outono e desta vez... tocounos vendimar.
Collimos as uvas da vide, aplastámolas coas mans e lles quitamos o zume.
Despois degustamos o mosto.


 
 
 

 












venres, 9 de outubro de 2015

OBRADOIRO OUTONO 1

Comezou o outono e con el os nosos obradoiros. 

Pasámolo en grande xogando cunha morea de follas. Tirábamolas ao aire e aos compañeiros, escondimos obxectos para que outros os atopasen e espertamos un montón de novas sensacións revolcándonos sobre elas.

Tocamos, sentimos e ulimos o outono.



















xoves, 1 de outubro de 2015

TRABALLAMOS CO OUTONO

Como recordaredes, o curso pasado iniciamos un proxecto que levaba por título " E nós, que pintamos aquí?" e que dedicamos a Joan Miró. Este ano centrarémolo na figura de Leandro Lamas e por este motivo, moitos dos materiais que elaboremos levarán referencias das obras deste artista.

Aqui tedes as nosas fichas para traballar o outono. Dada a diversidade do noso alumnado podédelas atopar en galego e castelán. Só tedes que clicar no enlace que vedes a continuación para poder descargalas.

Desexamos que vos gusten e sexan de utilidade.


 VERSIÓN EN GALEGO

https://drive.google.com/file/d/0B12i2UzJB4DaS1FPb3h6X0pSVHM/view

VERSIÓN EN CASTELÁN