martes, 26 de abril de 2016

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Tal e coma nos prometera o rato Roi, na súa última carta, visitounos a súa amiga Amadora a exploradora. Chegou dende a India onde coñeceu ao rato Roi e ao elefante Elmer e contounos a súa historia e trouxo como agasallo un libro de Elmer adaptado cos pictogramas de Arasaac.

Moitas grazas rato Roi por estas sorpresas tan bonitas que nos preparas.





xoves, 21 de abril de 2016

CHEGOU UNHA CARTA DO RATO ROI

Hoxe chegou ao centro unha carta do rato Roi, anda pola India e vai vir unha amiga súa que é exploradora a contar unha historia dun elefante moi especial que coñeceron nunha selva.




O PARRULO FEO

Este mércores foi un día moi especial, contamos coa visita de alumnado do CEIP Maciñeiras de Neda e xunto a eles disfrutamos  cos Titeres Tres Globos e a súa obra "O parrulo feo".  Pasamos un bo momento todos xuntos.

Recomendámosvos que miredes no facebook "Títeres Tres Globos"

       





martes, 19 de abril de 2016

APRENDEMOS SOBRE LEANDRO LAMAS.

Xa comezamos a traballar coas nosas fichas sobre Leandro Lamas.

Tedes abaixo o enlace para poder descargalas e utilizalas todas as veces que queirades.

Desexamos que vos gusten moito.


https://drive.google.com/open?id=0B12i2UzJB4DaRjJ2aUdHS0RsLU0