venres, 28 de outubro de 2016

CELEBRAMOS O SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Onte celebramos o Samaín e na bibioteca divertímonos moito co conto ¡Cómo mola tu escoba!



TEMOS UN NOVO LOGOTIPO NO NOSO BLOG...

Dende hoxe temos incorporado no noso blog o logotipo que nos certifica como "centro integrado no Plan de mellora de bibliotecas escolares".
Formar parte deste plan (PLAMBE) supón que imos recibir unha dotación económica para mellorar a nosa biblioteca.


NORABOA AOS NOSOS CAMPIÓNS!


mércores, 26 de outubro de 2016

A VISITA DE YACI

O venres 21 de outubro recibimos a visita de Yaci, a amiga do rato Roi. Veu dende Brasil e contou o conto "Yaci e a súa boneca".
Yaci trouxo uns pasaportes como os do rato Roi, nos que iremos marcando os países polos que viaxa a nosa mascota.
 















 

xoves, 20 de outubro de 2016

UNHA CARTA DO RATO ROI!

Mirade que chegou hoxe ao noso cole....Unha carta do Rato Roi!
Escríbenos dende Brasil para contarnos que vai dar a volta ao mundo e aproveitando  que anda por alí, convidou a súa amiga Yaci, unha nena de Brasil,para que nos conte unha historia. 
Que boa noticia!, así poderemos celebrar con ela o día das Bibliotecas Escolares.

Encantounos a túa carta Rato Roi!.
Desexamos que o pases moi ben coñecendo novos paises e que sigas a contarnos historias.



AS NOSAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Ola¡
Xa temos as nosas mochilas viaxeiras polas vosas casas. Espero que pasedes un bo rato de lectura con todas as persoas coas que compartides o voso tempo despois do cole.

Este curso preparamos tres mochilas con niveis diferentes que iremos variando cada trimestre.

Unha aperta
O Rato Roi