mércores, 22 de xuño de 2016

ATA SETEMBRO!!!

Hoxe remata outro curso cheo de recordos, de experiencias e de compañeiros e compañeiras, uns que quedan e outros que marchan pero que quedarán para sempre nos nosos corazóns.
Quero desexarvos que pasedes un bo verán e dicirvos que foi un pracer estar con vós.

O voso amigo o rato Roi.

martes, 21 de xuño de 2016

UNHA FESTA MOI VERANIEGA

Celebramos que o curso vai rematar cunha festa inspirada no verán, cada clase elixiu unha canción e un disfraz que tivera que ver coa nova estación, o verán.

Deixámosvos unhas fotos para  que o poidades ver.
































TALLER DE CARPINTERÍA

Mirade que cousas máis bonitas fixeron no taller de carpintería este curso.

xoves, 9 de xuño de 2016

OS BOMBEIROS NO NOSO CENTRO

Hoxe fixemos no centro un simulacro de evacuación e viñeron os bombeiros con dous camións. cando remataron o traballo fixémonos unhas fotos con eles.






martes, 7 de xuño de 2016

VISITAMOS A CASA DAS CIENCIAS

O pasado 3 de xuño visitamos a Casa das Ciencias de A Coruña. Foi un premio do Concello de Ferrol, que convidou a David Fernández e a os seus compañeiros por ser un dos gañadores do concurso de cartas para os Reis Magos.

Pasámolo moi ben observando, tocando, xogando e aprendendo con todo o que teñen. Despois asistimos a unha proxección no Planetario sobre un vampiro que quería aprender moitas cousas de todo o que hai no ceo.