xoves, 20 de outubro de 2016

UNHA CARTA DO RATO ROI!

Mirade que chegou hoxe ao noso cole....Unha carta do Rato Roi!
Escríbenos dende Brasil para contarnos que vai dar a volta ao mundo e aproveitando  que anda por alí, convidou a súa amiga Yaci, unha nena de Brasil,para que nos conte unha historia. 
Que boa noticia!, así poderemos celebrar con ela o día das Bibliotecas Escolares.

Encantounos a túa carta Rato Roi!.
Desexamos que o pases moi ben coñecendo novos paises e que sigas a contarnos historias.