xoves, 6 de febreiro de 2020

CARREIRA SOLIDARIA

Hoxe celebramos no cole a carreira solidaria promovida pola ONG Save the Children.

Estamos feitos uns atletas!!!

Todo o recadado irá destinado a ao pobo Rohingya, no campo de refuxiados de Cox`s Bazar en Bangladesh. Podedes informarvos na seguinte páxina:

savethechildren.es/rohingya

E a continuación as fotos da nosa carreira para que vexades o ben que o pasamos!

luns, 16 de decembro de 2019

DENDE O CEE TERRA DESEXÁMOSVOS...

Con moito agarimo enviamos esta postal de Nadal.
O debuxo está feito por Hugo Sesmonde e o caligrama entro todo o alumnado.
Desexamos que vos guste.

mércores, 30 de outubro de 2019

O NOSO MAGOSTO E SAMAÍN

Como nos gustan estas festas!
Para celebrar o Samaín cada aula preparou un conto de medo para contárllelo ao resto das aulas e fixemos o Baile das Ánimas.
Despois para recuperar as forzas perdidas celebramos o Magosto cunha merendola de castañas!



mércores, 19 de xuño de 2019

A NOSA CURTAMETRAXE





Este curso realizamos unha nova curta para participar no concurso "Nos tamén creamos". 

Foi un traballo realizado por gran parte do noso alumnado. 
Fixemos votacións para elixir o conto  do que iamos facer a curta, elaboramos un guión, fixemos personaxes e decorados para poder sacar as fotos e posteriormente facer a montaxe do vídeo.

Podedes ver a nosa curta na páxina do Xabarín Club da CRTVG. Achegámosvos o enlace e desexamos que vos guste moito!!

http://www.crtvg.es/infantil/programas/nos-tamen-creamos-2019/categoria-2-cee-terra-de-ferrol

E neste enlace podedes ver todas as curtas que se presentaron ao concurso.

http://www.crtvg.es/infantil/programas/nos-tamen-creamos-2019

luns, 10 de xuño de 2019

VISITAMOS ORBALLO

Hoxe fixemos unha visita moi interesante. Estivemos en Orballo que é unha empresa adicada ao cultivo ecolóxico de multitude de plantas. Teñen té, herbas aromáticas, medicinais...Son especialistas en infusións que están boísimas e teñen nomes moi simpáticos.
Ensináronnos a importancia do respecto pola natureza e por todos os seres vivos que habitan nela. Falaron da importancia dos morcegos, das xoaniñas...e do equilibrio que todos eles constrúen.