luns, 21 de xuño de 2021

UN ANO CON MOITO CONTO

Ao longo de todo este curso escolar varias mestras decidimos traballar a hora de ler a través da lectura de contos conxunta e da realización de fichas sobre a súa comprensión. Para iso empregamos contos en galego e en castelán e tamén en distintos formatos dependendo das características do noso alumnado. Para rematar elaboramos un libriño que quedou así de chulo:




venres, 11 de xuño de 2021

A CANCIÓN DO RATO ROI EN LSE

Este curso decidimos participar nun concurso da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. Para iso fixemos unha interpretación da canción de Roi, a mascota da biblioteca, na Linguaxe de Signos Española. Non tivemos a sorte de gañar pero gozamos moito da súa realización. Desexamos que vos guste. 



luns, 31 de maio de 2021

A BANDA DA BALBINA (31 de maio)

Hoxe rematamos o mes dedicado ás Músicas Galegas e que mellor xeito de facelo que coa Banda da Balbina da que imos coñecer un pouquiño máis: 

Alá por maio de 2008 naceu a Estomballada, e con ela A Banda dá Balbina. Esta canción conseguiu unha ampla difusión na radio, na TVG, e noutras canles, e formou parte tamén do repertorio dalgunha orquestra galega. Un ano máis tarde a Balbina pariu O Fillo do Mar, e con el chegou o primeiro premio da Radio Galega do programa Apologhit. Co empuxón que significou este premio o grupo comeza a súa andaina polas festas – concertos de toda Galicia, compartindo escenario con Mercedes Peón, Festicultores, ou Cuchufellos entre outros, e levando sempre boa música en galego e moita festa. Hoxe escoitaremos: CON CEBOLA OU SEN CEBOLA e ESTOMBALLADA.

                                

A vocalista deste grupo tamén quixo dedicarnos unhas palabras:



venres, 28 de maio de 2021

TREIXADURA (28 de maio)

Treixadura é un grupo que fai música galega creado en Redondela en 1990. Nos seus comezos estaba formado por 5 gaiteiros aos que se foron engadindo outros músicos cos que comezan a desenvolver un estilo propio que ten como eixo fundamental os ritmos, as cantigas e os instrumentos tradicionais galegos. Hoxe escoitaremos: SE CHOVE e CARAVELIÑOS.

                                        

xoves, 27 de maio de 2021

DANDY FEVER (27 de maio)

Dandy Fever é unha banda de ska, reggae, rocksteady de A Coruña aínda que os seus compoñentes proceden de varios puntos da xeografía galega. Alá polo 2002 comezaron a mostrar a súa paixón pola música xamaicana dando o seu primeiro concerto no ano 2003 e chegando a gañar varios premios. Hoxe escoitaremos: SE O AMOR TE ATOPA e CALQUER LUGAR E BOM PARA MORRER.

                                

Este estupendo grupo tamén nos deixou un vídeo aquí no noso blog.