mércores, 14 de xaneiro de 2015

RECEITAS

Ola de novo!

Hoxe queremos compartir con todos vós o ben que o pasamos a última semana do primeiro trimestre, en concreto cos alumnos de Restauración.

Invitaron aos demais nenos e nenas do centro ao taller de cociña para que puidésemos ver a elaboración diferentes receitas de postres navideños. 

Mirade o ben que o pasamos!





Dende aquí queremos dar as gracias a Bea, a profesora, e aos alumnos de Restauración por este magnífico traballo!

A continuación podedes ver as receitas dos postres que fixeron:

BUÑUELOS DE MAZÁS
INGREDIENTES:
-      Mazás 2 unidades
-      Fariña 75 gr
-      Leite 1 dl
-      Fermento en po ½ cullerada
-      Ovo 1 unidade (separar a xema e a clara)
-      Azucre 100 gr
-      Aceite para fritir
ELABORACIÓN:
  1. Mesturamos ata que teñamos unha masa fina e sen grumos, a fariña, o fermento, a xema do ovo e 75 gr de azucre. Deixamos repousar.
  2. Mentres, batemos a clara ao punto de neve e mesturámola coa masa, axudándonos dunha espátula e con movementos suaves e envolventes.
  3. Pelamos as mazás e cortámolas en anacos regulares de 2 cm aproximadamente. Pasámolos anacos por fariña e a continuación sumerxímolos na masa e fritímolos en aceite quente ata que estean dourados.
  4. Cando estean dourados retirámolos e espolvoreamos con azucre.

ESTRELIÑAS DE NADAL
INGREDIENTES:
-      Fariña 400 gr
-      Manteiga 100 gr
-      Aceite de oliva 100 ml
-      Azucre 2-3 culleradas
-      Fermento en po 1 cullerada
-      Pel do limón relada
-      Un puñado de améndoas picadas
-      Canela en po
-      Un chisco de sal
ELABORACIÓN
  1. Mesturar nun recipiente fondo a manteiga co azucre e a sal,incorporamos a fariña, o fermento e a pel do limón relada. O aceite serviranos para axudarnos a amasar mellor e ir unindo os ingredientes ata lograr unha masa compacta, un pouco areenta, pero que se despegue do recipiente. A última hora, engadimos as améndoas e integrámolas na masa.
  2. Collemos anaquiños da masa e damos forma de estrelas do tamaño que prefiramos. Colocámolos ben separados entre eles, sobre unha bandexa de forno cuberta de papel.
  3. Cociñamos as estrelas no forno prequecer a 150 ºC durante uns 30 minutos ou ata que estean dourados. Deixámolos arrefriar sobre unha reixa e espolvoreamos con azucre e canela.

LARANXIÑAS CON CHOCOLATE
INGREDIENTES:
-      Laranxas 8 unidades
-      Azucre 600gr
-      Limón 2cl
-      Auga 80cl
-      Chocolate negro de repostería 230grs
ELABORACIÓN:
1.     Cortar cada laranxa en metades.
2.     Poñelas nun recipiente e cubrilas de auga e unhas gotas de limón.
3.     Ferver 10 e reservar.
4.     Coa auga de cocción engadimos o azucre e facemos un almíbar onde deixaremos repousar as laranxas.
5.     Limpar a parte branca.
6.     Facer tiriñas.
7.     Secar e bañar en chocolate.

PIRULETAS DE CHOCOLATE
INGREDIENTES:
-      Chocolate
-      Améndoa
-      Lacasitos
-      Laranxa relada
ELABORACIÓN:
1.     Fundir o chocolate.
2.     Estendelo no molde e espolvoreamos coa gornición que queiramos.
3.     Arrefriar e desmoldar.

Ata a próxima!