martes, 20 de maio de 2025

QUEN ASOMA POLA XANELA?

Xa sabedes que son un rato de biblioteca moi curioso e xoguetón... por iso, propúxenlles aos meus alumnos e alumnas resolver un misterio:

QUEN ASOMA POLA XANELA?

Durante unha semana o alumnado do centro recibiu pequenas pistas sobre un libro xoguetón que asomaba polas xanelas da biblioteca. Serían capaces de descubrir cal era? Pois claro que si, sen dúbida!

Asomaba pola xanela... VELLIÑAS, un conto de Charo Pita cunha historia de amor e amizade preciosa que vos recomendo, saaaaaabe xenial. 








luns, 19 de maio de 2025

BUGAROI

Como novidadede deste curso, anunciarvos que agora son un rato motorizado!!  

As miñas fantásticas axudantes conseguíronme un medio de transporte para chegarvos máis facilmente as miñas recomendacións lectoras a tódalas aulas do centro.

Gústame pasear durante todo o curso en datas sinaladas coma:  o 25N (Día da eliminación da violencia contra a muller); o 31 de xaneiro (Día da Non violencia e a Paz); o Entroido; o 8M (Día da Muller Traballadora)... pero sobre todo para mostrarvos as nosas novidades da biblioteca! O que? Que vos perdíchedes cousas? Estade atentos...

Isto é un non parar!








Pensábades que desaparecera?

 Ola,ola! Non, non me fun... non disfrutei dun ano sabático ainda que o pareza! Estiven moi liado comendo queixo e lendo libros!


Estade atentos e atentas porque volvo con moitas enexías e ganas de amosarvos as novidades da nosa biblioteca e todo o que conseguimos facer no cole!
Ata pronto!

mércores, 12 de xuño de 2024

SEMANA DOS MAIOS E LETRAS GALEGAS

 Este ano quixemos celebrar os maios e o día das Letras Galegas dunha forma moi especial! Realizamos obradoiros na miña biblioteca: fixemos iniciais con resina e flores secas, mosaicos con arxila, colares e pulseiras... Non perdimos o tempo! Queredes velo?





















Ademáis fixemos un traballo de investigación. Sabedes quen é Luísa Villalta? Nós agora tamén, indagamos profundamente na súa vida... mirade que cantidade de información recollimos! 




venres, 8 de marzo de 2024

8M

Hoxe quixemos conmemorar o Día internacional da Muller e aquí no Terra de Ferrol témolo moi claro: non hai cousas nin só de nenos nin só de nenas. E ti, telo tan claro coma nós?