venres, 25 de novembro de 2022
25 N: "DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES"
luns, 24 de outubro de 2022
O RATO ROI está de volta!
Queremos darvos a BENVIDA a este novo curso!
Estamos no Outono e o Rato Roi ten moitas ganas de festexar o Magosto e o Samaín.
Para iso, preparou unha mesa con contos, películas e xogos típicas destas datas. Algúns dan moito medo! Atréveste a visitar a nosa biblioteca?
Este venres pasado repartimos as invitacións, esperámosvos!
venres, 17 de xuño de 2022
AULAS CON MOITO ARTE 5 - KEITH HARING
Para aproveitar o noso disfrace de Entroido, decidimos traballar un pouco mais a figura do artista Keith Haring, coñecendo cousas da sua vida e das súas obras. Despois fixemos algunhas interpretacións dos seus cadros e das figuras que representaba. Espero que vos gusten:
luns, 13 de xuño de 2022
RADIO FILISPIN
Hoxe fomos invitados a participar no progama de Radio Filispin "Unha tarde no muiño". Aproveitamos esta oportunidade para falar dos cambios que se produxeron no noso centro nestes 50 anos de vida, posto que este curso celebramos o seu 50 Aniversario. Ademais, os nenos participantes (Pablo, Xoan e Israel) falaron do que fan no seu día a día, posto que os tres están escolarizados en réxime de internado, do que lles gusta do cole, do que lles gustaría cambiar,.. Aquí vos deixamos unha pequena mostra en fotos e o enlace ao audio do programa:
martes, 31 de maio de 2022
CORRELINGUA 2022
Hoxe participamos nunha nova edición do Correlingua. Un grupo de alumnos e alumnas desprazámonos ata o Pazo da Cultura de Narón para gozar desta nova edición que veu da man de Isabel Risco e Paco Nogueiras. Pasámolo moi ben!
venres, 20 de maio de 2022
INTERPRETANDO A FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
Para conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano estivo dedicado á figura de Florencio Delgado Gurriarán, decidimos realizar unha interpretación de varios dos seus poemas. Espero que vos guste o resultado:
venres, 13 de maio de 2022
POESÍA E IMAXE
Outro curso mais participamos no concurso de Poesía e Imaxe convocado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra na súa XXII edición. Estes foron os noso carteis gañadores e a entrega de premios:
xoves, 12 de maio de 2022
OS MAIOS
Este ano poidemos volver celebrar a festa dos Maios que tanto botabamos de menos. Para isto realizamos tres talleres diferentes: un no que o alumnado podía realizar un Maio en papel para levar para as súas casas, outro para confeccionar unha alfombra floral e un terceiro no que entre todos decoramos un gran Maio. Por aquí vos deixamos algunhas fotos deste día:
venres, 6 de maio de 2022
AULAS CON MOITO ARTE 4 - HERVÉ TULLET
Inspirados na obra deste autor "La cocina de dibujos" elaboramos o noso prato estrela: Ensalada rápida de círculos.
BON APPÉTIT!
venres, 29 de abril de 2022
23 de Abril - DÍA DO LIBRO
Ao longo de toda esta semana estivemos celebrando o Día do Libro dun xeito moi orixinal: propuxémoslle ao alumnado a creación dun conto utilizando a técnica do “CADÁVER EXQUISITO”. Esta técnica de escritura cooperativa fixo que interviñeran todas as clases, algunhas encargadas de dar cor ás ilustracións e outras de dar forma ao seu texto, conseguindo con isto un conto colectivo. Unha vez rematado, viaxou por todas as aulas para que gozaran do resultado final:
AS AVENTURAS DE FONETE E PANETA.