Non podemos iniciar o noso terceiro trimestre sen amosarvos as imaxes de como trasformamos e visitamos unha aula do centro como se estivesemos en Exipto! Isto foi posible grazas ao traballo que levaron a cabo todas as aulas do centro durante o trimestre. Non faltaban xacementos, exposición de xoias, un sarcófago, elaboración e decoración de papiros...
A semana pasada fixemos a última actividade dos recreos na biblio deste segundo trimestre. Para darlle a benvida a primavera debuxamos, con moito arte e coa axuda do libro de Hervé Tullet "Diviértete", uns fermosos xardíns de flores.
Para traballar co noso alumnado as árbores autóctonas galegas que atopamos nos nosos bosques realizamos obradoiros nos que puideron coñecer os seus nomes e as súas características.
Como actividade final xogamos ao Pasapalabra dos bosques onde podiamos aplicar todo o aprendido nos obradoiros.