luns, 28 de setembro de 2015

TALLER DE XELATINA

Dende a aula de estimulación multisensorial iniciamos a nosa andaina de talleres para este curso coa xelatina...mmmmmmm!!!!!!!!
Empregamos a caixa de luz, xelatina de fresa e limón e moldes  de letras.
É unha moi boa experiencia para traballar os sentidos: tocamos, ulimos e diferenciamos cores e sabores.

 ¡É MOI DIVERTIDO APRENDER ASÍ AS LETRAS!































martes, 22 de setembro de 2015

ESTE CURSO ESTREAMOS NOVOS CADERNOS

Co motivo de favorecer a comunicación entre o centro e as familias, elaboramos estes cadernos.
Neles apuntaremos:as cousas importantes de cada día, os recados e enviaremos as circulares.
Conta cun apartado onde están os teléfonos de contacto do centro e das familias para telos a man.
Desexamos que vos gusten.


venres, 4 de setembro de 2015

UN NOVO BLOGUE MOI INTERESANTE

Hoxe tamén queremos compartir con vós un novo blogue, o da nosa compañeira Carlota González.
Nel poderedes atopar diversas entradas con ideas para traballar a estimulación da linguaxe e outras cousas interesantes.
NON DEIXEDES DE VISITALO!!!

http://prohibidononfalar.blogspot.com.es/

VOLVEMOS AO COLE!!

Xa estamos de volta, desexando vervos a todos e todas, e iniciar unha nova andaina xuntos.
Comezamos o día 10 con moitas ganas.
Achegámosvos o calendario escolar para este curso, elaborado pola nosa compañeira Ana Martínez.