xoves, 21 de decembro de 2017

CONCURSO DA POSTAL DE NAVIDAD

Reunímonos para entregar os agasallos do concurso de postais de Nadal.

Moi bo traballo rapaces e rapazas!!!

Son todas fermosísimas!!!!

FESTIVAL DE NADAL

Xa chega o Nadal e con él o noso festival.
Pasámolo xenial!!!








mércores, 20 de decembro de 2017

O RATO ROI EN FRANCIA

A piques de rematar o primeiro trimestre reunímonos para poñer en común todo o que realizamos nas aulas sobre o proxecto "O rato Roi viaxa polo mundo: Francia".

Aprendimos un montón de cousas, a súa capital , os principais monumentos, palabras en francés, comida típicas...

Podedes ver as fotos de todo  o que traballamos.

AU REVOIR!!!!!!


luns, 20 de novembro de 2017

MAGOSTO E SAMAÍN

Comezamos a celebración cun conto dende a biblioteca: "Carabuñas".
Deixámosvos o vídeo contando o conto.


xoves, 26 de outubro de 2017

CELEBRAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA

Este martes 24 celebramos o día da Biblioteca Escolar.

A nosa mascota, o rato Roi , convidounos a todas as aulas a pasar pola biblioteca e facer uns marcapáxinas e coller uns libros para disfrutar deles nas nosas aulas.


martes, 24 de outubro de 2017

CONTOS DE MEDO...

Xa queda moi pouco para o Samaín,  así que dende a biblioteca puxemos en marcha un recuncho con contos de medo moi viaxeiro.
Irá por tódolos corredores do noso centro para que tódalas aulas poidan disfrutar del.



martes, 30 de maio de 2017

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS

Como saberedes, este ano o Día das Letras Galegas adicámosllo a Carlos Casares.

Para celebralo no cole preparamos unha obra de teatro adaptando o conto "A Galiña Azul" deste escritor, fixemos un taller para que cada un de nós elaborase a súa propia Galiña Azul e vimos un vídeo sobre a vida de Carlos Casares.

Deixámosvos unhas fotos para que vexades aos artistas da obra de teatro e o ben que nos quedaron as nosas galiñas.








O RATO ROI ANDA POR OURENSE



martes, 23 de maio de 2017

NORABOA POLOS PREMIOS DE POESÍA E IMAXE

Eles e elas son @s premiad@s no concurso "Poesía e imaxe" realizado polo concello de Ferrol.

Sodes uns e unhas artistas!



OS GHAZAFELHOS NO NOSO COLE!!

Que ben o pasamos este luns no noso cole. Rimos un montón co grupo de teatro Ghazafelhos que representaron a súa obra Iriña Bailarina baseada no libro do mesmo nome de Cristina Justo e Paloma Rodríguez.

Ademáis de divertida, transmite unha mensaxe moi importante: tod@s podemos xogar ao que nos pete sexamos nenos ou nenas, xa que somos iguais.

E temos o libro firmado por eles na biblioteca esperando por tod@s vós!

Encantádesnos Ghazafelhos. 

Esperamos vervos moi pronto.







domingo, 7 de maio de 2017

VISITAMOS UN SUPERMERCADO

O alumnado de PFFP Básica de Xardinería e Restauración realizaron unha saída ao Alcampo de Ferrol.

Moitísimas grazas pola boa acollida que lles deron.


















venres, 28 de abril de 2017

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE RICARDO

Este xoves Ricardo Pérez visitou a nosa biblioteca para presentarnos e firmar o seu libro " Ricardo y el reloj temporal".

Moitos xa tivemos a sorte de ler o libro.

Encántanos o teu libro Ricardo!!!!

Moita sorte e moitas grazas por vir ao noso cole.
 
 


mércores, 26 de abril de 2017

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE RICARDO PÉREZ

Xa temos a biblioteca preparada para a presentación de mañá.
Ricardo Pérez, ex alumno do centro, vais vir a presentar o seu cuarto libro.

PASÁMOLO XENIAL CON PACO NOGUEIRAS

Tal e como dixera o rato Roi, Paco Nogueiras visitounos na nosa biblioteca.





mércores, 19 de abril de 2017

CARTA DE PACO NOGUEIRAS!

Que sorpresas nos da o rato Roi!!!
 
Escribiu para contar que chegara  unha carta do seu amigo Paco Nogueiras,  na que nos di que vai vir a nosa biblioteca o próximo 26 de abril.
 
Que ben o imos pasar!!
 
 
 


xoves, 6 de abril de 2017

"CURTAMETRAXE"

O alumnado dos PFPB de Xardinería e Restauración elaborarou unha curtametraxe sobre un relato do libro de Sèchu Sende " Made in Galiza" que se chama "Curtametraxe".

Esforzáronse moito decidindo que escenas ían gravar, que decorados construír e como facer os personaxes. Despois puxéronse mans á obra: fixeron bonecos con plastilina, decorados con recortes de revistas vellas, cartolinas, pólas, serraduras... 
Despois sacaron as fotos de cada movemento e gravaron o relato de Sèchu coas súas voces.
Decidiron empregar a canción de Paco Nogueiras "Meu o mundo é" do seu CD "Brinca vai".

Un paso moi importante e motivador para eles foi contactar con Séchu e Paco para pedirlles permiso para empregar a súa obra na curtametraxe. Aprenderon a importancia da autoría das obras, hai alguén detrás de cada unha delas ao que lle pertencen como autor das mesmas. Encantoulles recibir as contestacións tan amables deles, dándolles folgos e animándoos polo seu traballo.

E para finalizar esta actividade, hoxe presentaron diante dos seus compañeiros e compañeiras  do centro a curtametraxe.

Deixámosvola para que a disfrutedes tanto coma nós e as fotos da presentación.

Un saúdo.

mércores, 5 de abril de 2017

A VISITA DE OUMBA

O pasado venres o rato Roi convidou a  Oumba, unha mestra da República do Congo, a que visitara o noso centro e contara o conto " Quen pode vencer ao vento?".

Despois Oumba puxo un selo máis nos nosos pasaportes.

Moitas grazas rato Roi!
Encantounos.