O alumnado dos PFPB de Xardinería e Restauración elaborarou unha curtametraxe sobre un relato do libro de Sèchu Sende " Made in Galiza" que se chama "Curtametraxe".
Esforzáronse moito decidindo que escenas ían gravar, que decorados construír e como facer os personaxes. Despois puxéronse mans á obra: fixeron bonecos con plastilina, decorados con recortes de revistas vellas, cartolinas, pólas, serraduras...
Despois sacaron as fotos de cada movemento e gravaron o relato de Sèchu coas súas voces.
Decidiron empregar a canción de Paco Nogueiras "Meu o mundo é" do seu CD "Brinca vai".
Un paso moi importante e motivador para eles foi contactar con Séchu e Paco para pedirlles permiso para empregar a súa obra na curtametraxe. Aprenderon a importancia da autoría das obras, hai alguén detrás de cada unha delas ao que lle pertencen como autor das mesmas. Encantoulles recibir as contestacións tan amables deles, dándolles folgos e animándoos polo seu traballo.
E para finalizar esta actividade, hoxe presentaron diante dos seus compañeiros e compañeiras do centro a curtametraxe.
Deixámosvola para que a disfrutedes tanto coma nós e as fotos da presentación.
Un saúdo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario