xoves, 28 de febreiro de 2019

E PARA REMATAR A SEMANA...

ADEMAIS DO MANDATO DE HOXE,
PARA MAÑÁ TEREDES QUE TRAER
O QUE PON AQUÍ ABAIXO,
AXIÑA! POÑÉDEVOS A LER.

REMATANDO XA A SEMANA
QUE FOI TAN DISPARATADA
VOUVOS PEDIR QUE VEÑADES 
COA VOSA CARA PINTADA.


mércores, 27 de febreiro de 2019

PARA O XOVES...

ADEMAIS DO MANDATO DE HOXE,
PARA MAÑÁ TEREDES QUE TRAER
O QUE PON AQUÍ ABAIXO,
AXIÑA! POÑÉDEVOS A LER.

PARA ESTE XOVES DE ENTROIDO
NA CABEZA, CORPO OU PÉS
NECESITO QUE TRAIADES
ALGO DE ROUPA DO REVÉS


martes, 26 de febreiro de 2019

E O MÉRCORES...

ADEMAIS DO MANDATO DE HOXE,
PARA MAÑÁ TEREDES QUE TRAER
O QUE PON AQUÍ ABAIXO,
AXIÑA! POÑÉDEVOS A LER.

NA METEDE DA SEMANA
MÉRCORES CUN CORAZÓN
DO TAMAÑO QUE QUEIRADES
PERO VERDE DE CONDICIÓN.


luns, 25 de febreiro de 2019

E O MARTES...

ADEMAIS DO MANDADO DE HOXE
PARA MAÑÁ TEREDES QUE TRAER 
O QUE PON AQUÍ ABAIXO,
AXIÑA! POÑÉDEVOS A LER

PARA MAÑÁ QUE SERÁ MARTES
PEDIREIVOS CON HUMOR
QUE EU QUERO QUE VEÑADES
CUN CALCETÍN DE CADA COR






venres, 22 de febreiro de 2019

OS MANDADOS DE MARUXA

Con motivo da celebración do Entroido elaboramos un Meco que está colocado na entrada do noso centro. Cada día da semana do 25 de febreiro ao 1 de marzo irá dando uns mandados para vir disfrazados. Estes mandados son acumulativos, acabando así o venres disfrazados con todo o que nos mandou ao longo da semana.

O primeiro mandado é:

"PARA COMEZAR A SEMANA
QUE DARÁ PASO AO ENTROIDO
LEVAREMOS NA CABEZA
ALGO POSTO CON DESCOIDO!




luns, 11 de febreiro de 2019

FELICIDADES CIENTÍFICAS!

Hoxe, 11 de febreiro, é o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Coa celebración deste día trátase de dar visibilidade ao traballo das investigadoras, avanzar na igualdade de oportunidades e concienciar á sociedade.



Para conmemorar este día, organizamos unha semana de biblio-recreos moi científica. Observamos co noso microscopio diferentes elementos da natureza moi curiosos, como: flores, diferentes insectos, algas... Tamén descubrimos como é a nosa pel. 
A continuación amosámosvos as imaxes de como foi a semana.





sábado, 2 de febreiro de 2019

ILUMINANDO A BIBLIO

Outra semana máis de biblo-recreos! Esta vez xogamos coas pedras e ovos luminosos. Utilizando como fío conductor o conto de Polgariño, seguimos un camiño de pedras moi especiais, amoreámolas, obsevamos como cambiaban de cor...pasámolo xenial!












O NOSO DÍA DA PAZ

Para conmemorar o Día da Paz fixemos as seguintes actividades:
  • a nosa interpretación do libro de LÚA, de Pepablo Patinho
  • cantamos un fermosísimo RAP
  • elaboramos unha nube de desexos de PAZ
  • recibimos os corazóns elaborados polo alumnado da FPB, fixeron un para cada un de nós!
  • e para rematar cun punto doce...compartimos unha rica merenda de chocolate con churros
Para que vexades o ben que o pasamos, amosámosvos unhas imaxes deste día tan especial.