domingo, 13 de decembro de 2015
venres, 27 de novembro de 2015
IMOS DE FESTA!!!
Para celebrar o Magosto e o Samaín fixemos unha festa na que representamos o conto" Corre, corre cabaciña", tivemos talleres e xogos con obxectos do outono, vimos un vídeo explicativo destas festas e o mellor de todo... fixemos unha merendola con castañas asadas e cocidas.
Deixámosvos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos.
luns, 23 de novembro de 2015
O RECUNCHO DE LEANDRO LAMAS
Xa temos na biblioteca preparado o recuncho de Leandro Lamas con libros ilustrados por el, para traballar o proxecto " E nós, que pintamos aquí?". Centrado, este curso, neste pintor.
mércores, 4 de novembro de 2015
A VISITA DO ANANO SALTARÍN
Tal e como prometeu o rato Roi, recibimos a visita do seu amigo.
O Anano Saltarín contounos "Contín Contón", que foi escrito por Antón Cortizas e ilustrado por Leandro Lamas, o pintor sobre o que imos traballar este curso.
Encantounos esta visita e esperamos que a repita pronto.
martes, 3 de novembro de 2015
OBRADOIRO DE OUTONO 3
Non podía ser doutra maneira... tócanos saborear o outono, e o fixemos coas froitas.
Coñecimos os seus nomes, as súas cores e texturas e fixemos unha degustación.
xoves, 22 de outubro de 2015
martes, 20 de outubro de 2015
OBRADOIRO OUTONO 2
venres, 9 de outubro de 2015
OBRADOIRO OUTONO 1
Comezou o outono e con el os nosos obradoiros.
Pasámolo en grande xogando cunha morea de follas. Tirábamolas ao aire e aos compañeiros, escondimos obxectos para que outros os atopasen e espertamos un montón de novas sensacións revolcándonos sobre elas.
Tocamos, sentimos e ulimos o outono.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)