venres, 18 de decembro de 2020

Celebramos o Nadal

 A semana do 14 ao 18 de decembro celebramos o Nadal. Este ano botamos en falta a celebración do festival pero é o que nos toca. O que si fixemos foi decorar o centro e celebralo na medida do posible.




venres, 19 de xuño de 2020

MOI BO VERÁN!

E ata aquí chegou este curso tan diferente...
Alegrámonos de que todos e todas esteades ben e desexamos que siga así. 
Queremos celebrar este fin de curso cunha nova entrega de CONTOS DENDE A CASA, desexando facer pronto os contos dende o cole!!!
Coidádevos moito.
Vémonos en setembro.


mércores, 10 de xuño de 2020

ADIVIÑA ADIVIÑANZA



Gústanvos os animais? E as adiviñas? Pois aquí tedes un vídeo no que se mesturan as dúas cousas para pasar un tempo entretidos. 

Esperamos que vos gusten!





luns, 25 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS DENDE A CASA!

Para festexar a semana das letras galegas propuxémosvos que, nesta ocasión, sexades vós os que nos contedes un conto, unha poesía... dende as vosas casas.

Aquí vos deixamos os vídeos que nos mandáchedes. Grazas a Óscar, Adonai e Juan David, Xoán, David e Diego, e as súas familias por participar e deixarnos entrar un pouquiño nas vosas casas.











luns, 11 de maio de 2020

A QUE SABE A LÚA?

Boas amiguiñas e amiguiños!

O rato Roi segue cos seus contos dende a casa, e nesta ocasión, pediulle á profe Montse que nos contase o conto "A que sabe a lúa?" Agardamos que vos guste moito.




Por se despois de ver o conto, quedades con ganas de máis, tamén vos deixamos unhas actividades (de diferente dificultade). 

DESCARGAR

luns, 4 de maio de 2020

PREPARADOS PARA OUTRO CONTO DENDE A CASA?

Nesta ocasión o fermosísimo conto que vos traemos é ADIVIÑA CANTO TE QUERO. Desexamos que vos guste tanto como nos gusta ao rato Roi e a nós.


mércores, 29 de abril de 2020

UNHAS ACTIVIDADES SOBRE ELMER

Xa vichedes o conto de Elmer? Agora para pasar un ratiño divertido, deixámosvos unha recompilación de actividades sobre o conto.

Desexamos que vos gusten!

DESCARGAR

xoves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO!

Non pode pasar este día sen un conto do rato Roi.
Roi quere mandarvos moitos bicos e apertas. Desexa que esteades moi ben.
Xa queda menos para poder estar xuntos!
Pasádeo moi ben vendo o conto de Elmer que nos trae o noso ratiño favorito!
Mil bicos!!!!




HOXE ESTAMOS DE FESTA!!

Si, si, de festa! 
Hoxe é o día do libro e aínda que teñamos que estar separados témolo que celebrar, así que...
Imos comezar cunha canción!
Desexamos que vos guste moito.

xoves, 2 de abril de 2020

CONTOS DENDE A CASA!



Que tal estades tod@s?

Como boto de menos as vosas visitas á biblioteca!
Seguro que vós tamén tedes ganas de ver ao voso rato favorito pero non vos procupedes!!!!
Chamei ao meu equipo da biblioteca para que vos conten contos e como hoxe é o día do libro infantil e xuvenil......Damos o pistoletazo de saída a esta actividade!!!!



Espero que vos guste moito!
Con cariño, o rato Roi.











venres, 21 de febreiro de 2020

FESTIVAL DE ENTROIDO


TODOS REUNIDOS PARA CELEBRAR UNHAS DAS NOSAS FESTAS FAVORITAS…. O ENTROIDO!!!!!!
ESTE CURSO ESTAMOS A PRESTAR MOITA ATENCIÓN Á RECICLAXE, TIVEMOS MOITAS COUSAS REUTILIZADAS NOS NOSOS DISFRACES. TAMÉN TEMOS QUE TOMAR CONCIENCIA DO CONTAMINANTE E PERIGOSO QUE PODE RESULTAR O USO DO PLÁSTICO QUE ACABA NO MAR FACENDO DANO AOS SERES VIVOS QUE VIVEN NEL.
ASÍ QUE DE MAR E RECICLAXE FOI O NOSO FESTIVAL DE ENTROIDO E  DO MAR UNHAS DAS COUSAS QUE MÁIS NOS GUSTAN SON ESTES POLBIÑOS!      





GUSTARIAME VER TODO O FONDO DO MAR, SEGURO QUE É PRECIOSO. CREO QUE OS NOSOS COMPAÑEIROS QUE VEÑEN AGORA SON EXPERTOS MERGULLADORES. SI QUE O SON, E CONTÁRONME QUE O FONDO DO MAR É PRECIOSO PERO QUE ÚLTIMAMENTE ESTÁ CHEO DE LIXO. QUE PENA, UN DÍA TEMOS QUE IR A LIMPALO COA AXUDA DOS MERGULLADORES DO TERRA DE FERROL.



SABEDES POR QUE SON TAN PERIGOSOS OS PLÁSTICOS? TARDAN MOITÍSIMOS ANOS EN DESAPARECER E AINDA QUE OS TIREMOS LONXE DO MAR, O VENTO, A CHUVIA….ACABAN ARRASTRÁNDOOS ATÉ ALÍ. DESPOIS OS ANIMAIS MARIÑOS ACABAN COMENDO PLÁSTICOS PENSANDO QUE É COMIDA. PENSADE NUNHA BOLSA….NO MAR É MOI FÁCIL CONFUNDILA CUNHA DAS MEDUSAS QUE VEÑEN A CONTINUACIÓN!





DISTO SABEN MOITO OS MARIÑEIROS E MARIÑEIRAS, ELES PASAN MOITO TEMPO NO MAR. MOITAS VECES SACAN NAS SÚAS REDES MÁIS PLÁSTICOS QUE PEIXES OU ATOPAN ANIMAIS MORTOS CON PLÁSTICOS NO SEU CORPO. A VER QUE NOS CONTAN ESTES MARIÑEIROS RECÉN SAÍDOS AO MAR!





MOITAS VECES EMPREGAMOS O MAR COMA SE FOSE UN VERTEDOIRO, TIRANDO TODO TIPO DE LIXO COMO PASA TAMÉN COS ELECTRODOMÉSTICOS. CANDO MERQUEMOS UN TEMOS QUE MIRAR QUE O SEU CONSUMO SEXA O MÁIS  EFICIENTE POSIBLE  E NON OLVIDAR EMPREGALOS DO XEITO ADECUADO PARA QUE NOS AXUDEN A AFORRAR ENERXÍA. OUTRA COUSA MOI IMPORTANTE E ARRANXALOS CANDO DEIXAN DE FUNCIONAR, EN LUGAR DE CAMBIALOS POR OUTROS NOVOS, ASÍ REDUCIREMOS O LIXO.  PARA ISO CONTAMOD COS NOSOS ELECTRODOMÉSTICOS EFICIENTES E OS SEUS TÉCNICOS DE MANTEMENTO!






PARA REMATAR O FESTIVAL CONTAMOS COA VISITA DOS HIPPIES. SON UN GRUPO QUE SE CARACTERIZA POR FACER UN CONSUMO RESPONSABLE DOS RECURSOS DO PLANETA. UNHA DAS SÚAS LOITAS MÁIS COÑECIDAS É O COIDADO DA NATUREZA. OS HIPPIES DO TERRA DE FERROL!                              




venres, 14 de febreiro de 2020

CHEGOU O MECO!

Como cada Entroido recibimos a visita dun Meco. Xa chegou ao cole e está esperando a todos para que recibamos os seus mandados.
Para o luns toca....


xoves, 6 de febreiro de 2020

CARREIRA SOLIDARIA

Hoxe celebramos no cole a carreira solidaria promovida pola ONG Save the Children.

Estamos feitos uns atletas!!!

Todo o recadado irá destinado a ao pobo Rohingya, no campo de refuxiados de Cox`s Bazar en Bangladesh. Podedes informarvos na seguinte páxina:

savethechildren.es/rohingya

E a continuación as fotos da nosa carreira para que vexades o ben que o pasamos!