mércores, 21 de xuño de 2023

Hoxe rematamos o curso 2022-2023



Hoxe rematamos un curso cheo de emocións.

Un curso onde puidemos gozar como antes, desas actividades que tanto nos gusta compartir cos demais.

O Rato Roi acompañounos en moitas desas actividades e gozou connosco de cada momento.

Botaravos moito de menos este verán.......... pero vémonos en.......SETEMBRO!!

 



FELIZ VERÁN A TODOS E A TODAS!!

 

MERECEDES UN BO DESCANSO, SODES MARAVILLOS@S!


xoves, 25 de maio de 2023

NO CEE TERRA DE FERROL SEGUIMOS CELEBRANDO.

 

O equipo de EDLG organizou unhas actividades moi divertidas na biblioteca para celebrar o Día das Letras Galegas, homenaxeando a Francisco Fernández del Riego.

 



Despois de traballar O Medo no mes de abril,  a través de diferentes contos e actividades, este mes rematamos o programa Inclúe-T, Emocióna-T con Ceñuda, que nos axudou a traballar O Enfado e E Rabia e a como xestionar estas emocións e expresalas de maneira axeitada.




Queda moi pouquiño para terminar o curso. O Rato Roi comeza a recoller as súas cousas e xa está a pensar en cousas novas para o próximo curso...

                                                

           




luns, 24 de abril de 2023

FELIZ DÍA DO LIBRO.


Onte con motivo do DÍA DO LIBRO, Pakolas tivo un detalle co CEE Terra de Ferrol, dedicándonos "A Ramona Pequena vai á lúa".




Moitas grazas!




Feliz Día do libro, que aínda que fose onte, sempre é un bo día para mergullarnos nas pequenas e grandes historias.

luns, 17 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO



Durante esta semana celebraremos no CEE Terra de Ferrol a "SEMANA DO LIBRO" para conmemorar "O Día do libro" que é o vindeiro domingo 23 de abril.





Para iso, cada día, o alumnado de FP realizará unha lectura cunha pequena representación ao resto do alumnado. 

Outra das actividades organizadas xunto co EDLG é ter a disposición na biblioteca unha serie de libros con material manipulativo para que os nosos alumnos e alumnas poidan vivenciar os contos. 





Tamén queremos agradecer á Asociación de Veciños "Os Irmandiños", do Val a doazón destes libros tan divertidos e interesantes dos Bolechas para todo o noso alumnado.


venres, 14 de abril de 2023

MARZO "MES DA ALEGRÍA". Actividade con CANQUERER

 

Durante o mes de marzo traballamos a emoción da ALEGRÍA. Para iso realizamos diferentes actividades a través de xogos e diferentes recursos.
 


Tamén realizamos unha actividade que nos serviu para experimentar diferentes sentimentos e sensacións a través dos animais.



Coa axuda das cadelas Duna e Isla, creamos un ambiente relaxado, onde gozamos xogando e realizando trucos con moita paciencia e ledicia.
 



Neste terceiro trimestre toca experimentar con outras emocións, imos mostrarvos como o facemos.