Con moito agarimo enviamos esta postal de Nadal.
O debuxo está feito por Hugo Sesmonde e o caligrama entro todo o alumnado.
Desexamos que vos guste.
luns, 16 de decembro de 2019
mércores, 30 de outubro de 2019
O NOSO MAGOSTO E SAMAÍN
Como nos gustan estas festas!
Para celebrar o Samaín cada aula preparou un conto de medo para contárllelo ao resto das aulas e fixemos o Baile das Ánimas.
Despois para recuperar as forzas perdidas celebramos o Magosto cunha merendola de castañas!
Para celebrar o Samaín cada aula preparou un conto de medo para contárllelo ao resto das aulas e fixemos o Baile das Ánimas.
Despois para recuperar as forzas perdidas celebramos o Magosto cunha merendola de castañas!
mércores, 19 de xuño de 2019
A NOSA CURTAMETRAXE
Este curso realizamos unha nova curta para participar no concurso "Nos tamén creamos".
Foi un traballo realizado por gran parte do noso alumnado.
Fixemos votacións para elixir o conto do que iamos facer a curta, elaboramos un guión, fixemos personaxes e decorados para poder sacar as fotos e posteriormente facer a montaxe do vídeo.
Podedes ver a nosa curta na páxina do Xabarín Club da CRTVG. Achegámosvos o enlace e desexamos que vos guste moito!!
http://www.crtvg.es/infantil/programas/nos-tamen-creamos-2019/categoria-2-cee-terra-de-ferrol
E neste enlace podedes ver todas as curtas que se presentaron ao concurso.
http://www.crtvg.es/infantil/programas/nos-tamen-creamos-2019
luns, 10 de xuño de 2019
VISITAMOS ORBALLO
Hoxe fixemos unha visita moi interesante. Estivemos en Orballo que é unha empresa adicada ao cultivo ecolóxico de multitude de plantas. Teñen té, herbas aromáticas, medicinais...Son especialistas en infusións que están boísimas e teñen nomes moi simpáticos.
Ensináronnos a importancia do respecto pola natureza e por todos os seres vivos que habitan nela. Falaron da importancia dos morcegos, das xoaniñas...e do equilibrio que todos eles constrúen.
venres, 24 de maio de 2019
CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Hoxe fixemos festa!
Nas aulas traballamos a figura de Antonio Fraguas e elaboramos un vídeo entre todos sobre a súa vida que puidemos ver hoxe nun dos obradoiros da Festa das Letras Galegas.
Fixemos baile galego, un Pasapalabra co nome dos animais en galego, unha alfombra de flores co retrato de Antonio Fraguas, cantigas recopiladas por el e elaboramos un marcapáxinas conmemorativo deste día.
Nas aulas traballamos a figura de Antonio Fraguas e elaboramos un vídeo entre todos sobre a súa vida que puidemos ver hoxe nun dos obradoiros da Festa das Letras Galegas.
Fixemos baile galego, un Pasapalabra co nome dos animais en galego, unha alfombra de flores co retrato de Antonio Fraguas, cantigas recopiladas por el e elaboramos un marcapáxinas conmemorativo deste día.
xoves, 23 de maio de 2019
VISÍTANNOS OS GHAZAFELHOS!
Hoxe tivemos a sorte de volver a contar no noso centro dunha obra teatral do grupo Ghazafelhos, titulada "A máquina do tempo".
Fixemos con eles unha viaxe moi divertida polas diferentes etapas do pasado da humanidade.
Son xeniales, sempre nolo fan pasar moi ben!
Este ano acompañounos alumnado do CEIP Isaac Peral que acudiu ao noso centro pasar ver a obra.
mércores, 15 de maio de 2019
CONTACONTOS EN FAMILIA
Con motivo da celebración das LETRAS GALEGAS, contamos esta semana coa visita das familias que quixeron vir a ler con nós.
Moitas grazas a nai de Lara Cortizo!!!!!!
Moitas grazas a nai de Lara Cortizo!!!!!!
Moitas grazas a nai de Xavier Rodríguez!!!!!!
BENVIDO MAIO!
No centro preparamso un maio e asistimos á festa "Ferrol de frores cuberto", na que limos o noso poema do maio.
NO NOSO
COLEXIO
FACEMOS UN
MAIO
POÑENDO AS
FLORES
CON MOITO
COIDADO.
OS NENOS E
NENAS
PASÁMOLO
BEN,
CANTANDO E
RINDO
E OS PROFES
TAMÉN.
QUE BEN NOS
QUEDOU
CHEIÑO DE
FLORES,
TODAS
DIFERENTES
DE FERMOSAS
CORES!
E ASÍ
COMPROBAMOS,
COMO PASA
COA ROSA,
QUE A XENTE
DISTINTA
¡FAI A VIDA
FERMOSA!
MEDRAMOS DA
MAN DA DIVERSIDADE,
PENSAR
DIFERENTE
É PENSAR NA
IGUALDADE
AS
DIFERENZAS ENRIQUECEN!
xoves, 2 de maio de 2019
FESTEXANDO O DÍA DO LIBRO
Con motivo do día do libro tivemos unha visita moi especial. Viñéronnos a contar o conto "A que sabe a lúa" cinco usuarias da residencia DomusVi de Ferrol.
Foron unhas verdadeiras artistas e estivemos todas e todos moi atentas e atentos escoitándoas. Como mostra de agradecemento fixémoslle entrega duns agasallos feitos e cultivados por nós.
Quedamos pendientes dunha visita ao seu centro!
Foron unhas verdadeiras artistas e estivemos todas e todos moi atentas e atentos escoitándoas. Como mostra de agradecemento fixémoslle entrega duns agasallos feitos e cultivados por nós.
Quedamos pendientes dunha visita ao seu centro!
martes, 23 de abril de 2019
EXIPTO NO TERRA DE FERROL
Non podemos iniciar o noso terceiro trimestre sen amosarvos as imaxes de como trasformamos e visitamos unha aula do centro como se estivesemos en Exipto!
Isto foi posible grazas ao traballo que levaron a cabo todas as aulas do centro durante o trimestre.
Non faltaban xacementos, exposición de xoias, un sarcófago, elaboración e decoración de papiros...
Isto foi posible grazas ao traballo que levaron a cabo todas as aulas do centro durante o trimestre.
Non faltaban xacementos, exposición de xoias, un sarcófago, elaboración e decoración de papiros...
luns, 8 de abril de 2019
TALLERES CON ARTE
A semana pasada fixemos a última actividade dos recreos na biblio deste segundo trimestre. Para darlle a benvida a primavera debuxamos, con moito arte e coa axuda do libro de Hervé Tullet "Diviértete", uns fermosos xardíns de flores.
martes, 2 de abril de 2019
SEMANA DOS BOSQUES GALEGOS
Para traballar co noso alumnado as árbores autóctonas galegas que atopamos nos nosos bosques realizamos obradoiros nos que puideron coñecer os seus nomes e as súas características.
luns, 25 de marzo de 2019
CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN
A pasada semana participamos no cole na iniciativa solidaria proposta pola ONG Save the children, coa finalidade de recaudar fondos a través dunha carreira solidaria.
sábado, 23 de marzo de 2019
VISITA AOS BOMBEIROS
O pasado mércores visitamos aos bombeiros de Ferrol, e pasámolo xenial! Alí coñecimos a Diego e a Manolo que nos amosaon como é o seu día a día.
Deixáronnos subir a distintos tipos de coches de bombeiros, probar o traxe que levan e ensinaronnos a usar as súas mangueiras.
Foi toda unha experiencia que esperamos repetir.
luns, 18 de marzo de 2019
8M
O pasado venres celebramos o día Internacional da Muller. Para isto fixemos un acto na biblioteca, no que as diferentes aulas expuxeron o traballo realizado durante a semana sobre unha muller elixida.
Para rematar o mesmo, cantamos entre todos a canción "Son muller" de MBCP, ao mesmo que un grupo de alumnos e alumnas nos ensinaba a signar o seu retrouso.
Para rematar o mesmo, cantamos entre todos a canción "Son muller" de MBCP, ao mesmo que un grupo de alumnos e alumnas nos ensinaba a signar o seu retrouso.
domingo, 17 de marzo de 2019
UNHA VISITA PERRUNA
Esta semana tivemos unha visita moi especial! Viñeron ao noso cole Musa, Mulán e Nicoletta, tres cadeliñas encantadoras de Bocalán Galicia, acompañadas das súas adestradoras especialistas en IAA (intervención asistida con animais).
Gustounos moito xogar con elas, acariñalas, peitealas... Amosámosvos unhas imaxes para que vexades que boa xornada pasamos!
xoves, 7 de marzo de 2019
DE ENTROIDO EN EXIPTO!
Aproveitando que o noso rato Roi anda de vaixe por Exipto, esta foi a temática elexida para os nosos disfraces de entroido.
Mirade que ben o pasamos!
Mirade que ben o pasamos!
xoves, 28 de febreiro de 2019
E PARA REMATAR A SEMANA...
ADEMAIS DO MANDATO DE HOXE,
PARA MAÑÁ TEREDES QUE TRAER
O QUE PON AQUÍ ABAIXO,
AXIÑA! POÑÉDEVOS A LER.
REMATANDO XA A SEMANA
QUE FOI TAN DISPARATADA
VOUVOS PEDIR QUE VEÑADES
COA VOSA CARA PINTADA.
mércores, 27 de febreiro de 2019
martes, 26 de febreiro de 2019
E O MÉRCORES...
ADEMAIS DO MANDATO DE HOXE,
PARA MAÑÁ TEREDES QUE TRAER
O QUE PON AQUÍ ABAIXO,
AXIÑA! POÑÉDEVOS A LER.
NA METEDE DA SEMANA
MÉRCORES CUN CORAZÓN
DO TAMAÑO QUE QUEIRADES
PERO VERDE DE CONDICIÓN.
luns, 25 de febreiro de 2019
E O MARTES...
ADEMAIS DO MANDADO DE HOXE
PARA MAÑÁ TEREDES QUE TRAER
O QUE PON AQUÍ ABAIXO,
AXIÑA! POÑÉDEVOS A LER
PARA MAÑÁ QUE SERÁ MARTES
PEDIREIVOS CON HUMOR
QUE EU QUERO QUE VEÑADES
CUN CALCETÍN DE CADA COR
venres, 22 de febreiro de 2019
OS MANDADOS DE MARUXA
Con motivo da celebración do Entroido elaboramos un Meco que está colocado na entrada do noso centro. Cada día da semana do 25 de febreiro ao 1 de marzo irá dando uns mandados para vir disfrazados. Estes mandados son acumulativos, acabando así o venres disfrazados con todo o que nos mandou ao longo da semana.
O primeiro mandado é:
O primeiro mandado é:
"PARA COMEZAR A SEMANA
QUE DARÁ PASO AO ENTROIDO
LEVAREMOS NA CABEZA
ALGO POSTO CON DESCOIDO!
luns, 11 de febreiro de 2019
FELICIDADES CIENTÍFICAS!
Hoxe, 11 de febreiro, é o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Coa celebración deste día trátase de dar visibilidade ao traballo das investigadoras, avanzar na igualdade de oportunidades e concienciar á sociedade.
Para conmemorar este día, organizamos unha semana de biblio-recreos moi científica. Observamos co noso microscopio diferentes elementos da natureza moi curiosos, como: flores, diferentes insectos, algas... Tamén descubrimos como é a nosa pel.
A continuación amosámosvos as imaxes de como foi a semana.
sábado, 2 de febreiro de 2019
ILUMINANDO A BIBLIO
Outra semana máis de biblo-recreos! Esta vez xogamos coas pedras e ovos luminosos. Utilizando como fío conductor o conto de Polgariño, seguimos un camiño de pedras moi especiais, amoreámolas, obsevamos como cambiaban de cor...pasámolo xenial!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)