Tal e coma nos prometera o rato Roi, na súa última carta, visitounos a súa amiga Amadora a exploradora. Chegou dende a India onde coñeceu ao rato Roi e ao elefante Elmer e contounos a súa historia e trouxo como agasallo un libro de Elmer adaptado cos pictogramas de Arasaac.
Moitas grazas rato Roi por estas sorpresas tan bonitas que nos preparas.