venres, 24 de maio de 2019

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe fixemos festa!

Nas aulas traballamos a figura de Antonio Fraguas e elaboramos un vídeo entre todos sobre a súa vida que puidemos ver hoxe nun dos obradoiros da Festa das Letras Galegas.
Fixemos baile galego, un Pasapalabra co nome dos animais en galego, unha alfombra de flores co retrato de Antonio Fraguas, cantigas recopiladas por el e elaboramos un marcapáxinas conmemorativo deste día.


xoves, 23 de maio de 2019

VISÍTANNOS OS GHAZAFELHOS!

Hoxe tivemos a sorte de volver a contar no noso centro dunha obra teatral do grupo Ghazafelhos, titulada "A máquina do tempo".

Fixemos con eles unha viaxe moi divertida polas diferentes etapas do pasado da humanidade. 

Son xeniales, sempre nolo fan pasar moi ben!

Este ano acompañounos alumnado do CEIP Isaac Peral que acudiu ao noso centro pasar ver a obra.


mércores, 15 de maio de 2019

CONTACONTOS EN FAMILIA

Con motivo da celebración das LETRAS GALEGAS, contamos esta semana coa visita das familias que quixeron vir a ler con nós.

Moitas grazas a nai de Lara Cortizo!!!!!!



Moitas grazas a nai de Xavier Rodríguez!!!!!!


COMEZOU A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS!

No noso taboleiro podedes coñecer a Antón Fraguas.



BENVIDO MAIO!

No centro preparamso un maio e asistimos á festa "Ferrol de frores cuberto", na que limos o noso poema do maio.


NO NOSO COLEXIO
FACEMOS UN MAIO
POÑENDO AS FLORES
CON MOITO COIDADO.

OS NENOS E NENAS
PASÁMOLO BEN,
CANTANDO E RINDO
E OS PROFES TAMÉN.

QUE BEN NOS QUEDOU
CHEIÑO DE FLORES,
TODAS DIFERENTES
DE FERMOSAS CORES!

E ASÍ COMPROBAMOS,
COMO PASA COA ROSA,
QUE A XENTE DISTINTA
¡FAI A VIDA FERMOSA!

MEDRAMOS DA MAN DA DIVERSIDADE,
PENSAR DIFERENTE
É PENSAR NA IGUALDADE

AS DIFERENZAS ENRIQUECEN!









xoves, 2 de maio de 2019

FESTEXANDO O DÍA DO LIBRO

Con motivo do día do libro tivemos unha visita moi especial. Viñéronnos a contar o conto "A que sabe a lúa" cinco usuarias da residencia DomusVi de Ferrol.

Foron unhas verdadeiras artistas e estivemos todas e todos moi atentas e atentos escoitándoas. Como mostra de agradecemento fixémoslle entrega duns agasallos feitos e cultivados por nós.

Quedamos pendientes dunha visita ao seu centro!