martes, 14 de febreiro de 2017

Co permiso da nai dun dos nosos alumnos, facémonos eco das súas palabras:

“HOXE, A PARTE DE CELEBRAR SAN VALENTÍN, É O DÍA INTERNACIONAL DAS CARDIOPATÍAS CONXÉNITAS E XA, QUE O NOSO MARCOS ASÍ O É, POIS CUN PEQUENO CARIÑO CELEBRAMOS ESTE DÍA. PARA NÓS ESTE DÍA TEN UN SIGNIFICADO ESPECIAL:


PÓDESE VIVIR CUN CORAZÓN DIFERENTE!!!


venres, 3 de febreiro de 2017

O RATO ROI POLO MUNDO

Mirade que nos mandou o rato Roi....as súas fotos das viaxes que fixo.

QUE BEN O PASA ESTE RATO!!!!!!!


Co señor Pin na Antártida...


Nos Estados Unidos de América nun bosque de sequoias...


E polo Brasil...



FACENDO MICROMAXIA

Para celebrar o día da paz elaboramos un vídeo coa canción "Micromagia" de David Otero.
Desexamos que vos guste.




mércores, 1 de febreiro de 2017

UN CONTO DENDE A ANTÁRTIDA

Onte chegou ao centro un paquete dende a Antártida. Era o conto que prometera o rato Roi, un conto sobre a Antártida e sobre compartir. Un conto estupendo para celebrar o día da Paz.
 
O título é " Pescadito, pescadito" de Antonio Amago e Nuria Rodríguez, é un conto para o Kamishibai. Os protagonistas son un pingüín chamado o señor Pin, una balea chamada a señora LLena, un peixiño e una gaivota que tiña moi malos modales que se atoparon un día na Antártida.