xoves, 24 de xaneiro de 2019

MISTERIO DESVELADO

Como vos anunciabamos onte, hoxe tivemos unha visita moi especial! Como estamos a traballar o libro de Lúa, pois ninguén mellor que o seu autor para vir a nosa biblio.





A continuación amosámosvos unhas imaxes do ben que o pasamos coa súa visita.
Moitas grazas Pepablo Patinho!

mércores, 23 de xaneiro de 2019

TEMOS VISITA!

Atención, atención! Mañá temos unha visita moi especial na nosa biblio. De quen se tratará? Estade moi atentos!


luns, 21 de xaneiro de 2019

xoves, 17 de xaneiro de 2019

CARTA, CARTA!

O noso ratiño chegou a un novo destino...EXIPTO!!!!

Seguro que vai ter moitas aventuras e nós... esperamos aprender moito da súa man!


A NOSA ACTUACIÓN DE NADAL

Aquí deixamos as fotos da nosa actuación de Nadal.
Foi un festival no que realizamos unha obra de teatro, "UNHA VISITA EXTRATERRESTRE".
Uns seres estraterrestres estaban a estudar as costumes do noso planeta polo Nadal.
Desexamos que vos guste moito!!!

Comezaba así....


ÉRASE QUE SE ERA, UN MES DE DECEMBRO NORMAL,
CANDO AQUÍ TODOS NA TERRA PREPARAMOS O NADAL.

MENTRAS DENDE A OUTRA PUNTA, NUNHA GALAXIA MOI LONXANA,

CINCO PINTORESCOS AMIGOS, OBSERVANNOS DENDE UNHA VILA MARCIANA.
CUN ENORME TELESCOPIO, NON NOS DEIXAN DE MIRAR,
POIS TEÑEN CURIOSIDADE POLO QUE SE ESTÁ A ARMAR.