venres, 29 de abril de 2022

23 de Abril - DÍA DO LIBRO

Ao longo de toda esta semana estivemos celebrando o Día do Libro dun xeito moi orixinal: propuxémoslle ao alumnado a creación dun conto utilizando a técnica do “CADÁVER EXQUISITO”. Esta técnica de escritura cooperativa fixo que interviñeran todas as clases, algunhas encargadas de dar cor ás ilustracións e outras de dar forma ao seu texto, conseguindo con isto un conto colectivo. Unha vez rematado, viaxou por todas as aulas para que gozaran do resultado final:

AS AVENTURAS DE FONETE E PANETA.





O xoves desta semana tamén poidemos disfrutar dunha nova actuación do grupo de teatro Ghazafelhos, coa súa obra "Monstros no camiño" e dentro do programa de teatro con G.