xoves, 25 de novembro de 2021

25N

Para conmemorar un día tan importante coma o de hoxe decidimos facer un mural e expoñelo na entrada do centro.




Tamén se uniron outros departamentos a esta celebración.


Ademais, o alumnado das FPB de Xardinaría e Restauración acudiu a sala de xuntas para ver varios vídeos relacionados con este tema e participar nun debate posterior.




venres, 12 de novembro de 2021

O MAGOSTÍN

Onte, xoves 11 de novembro, aproveitando a festa do San Martiño, celebramos no centro o MAGOSTÍN (Magosto + Samaín). Polas aulas desprazáronse dous seres do inframundo co seu Monstro Comemedos.


Estes seres ían de aula en aula recitando o seguinte conxuro:

CONXURO QUITA - MEDOS

"Pantasmas, esqueletes,
vampiros e demos.
Aquí vai este conxuro
para quitar os nosos medos.

Da igual o que che asuste,
e si che fai tremer.
Gardados nesta caixa
non os volverás ver.

E aquí ben gardadiños
co lume, arderán
e así os nosos medos
desaparecerán."


Logo, recollían os medos dos nosos alumnos e alumnas e facíanos desaparecer.
















E, para rematar, nada mellor que comer unhas ricas castañas acompañadas dunhas xelatinas que fixeron en Restauración.







xoves, 11 de novembro de 2021

ANTES DO GRAN DÍA...

A semana antes da gran celebración o alumnado de Xardinaría e Restauración preparou, na entrada do centro, un expositor con produtos do outono e quedou así de ben: 








Na outra parte da entrada fixemos unha exposición das cabazas que se realizaron nas distintas aulas. Algunhas daban medo, outras risa pero todas estaban moi ben feitas.


 

mércores, 10 de novembro de 2021

QUE PASARÁ MAÑÁN?

Fai uns días recibimos, nas nosas aulas, esta carta. Que emoción!!! Que estará preparando o Rato Roi? Mañan resolverase o misterio...





 

xoves, 28 de outubro de 2021

CORRELINGUA 2021

Hoxe celebrouse no Auditorio Municipal de Caranza – Ferrol unha nova edición do Correlingua. O noso centro foi un dos que acudiu a gozar da actuación musical de Música Miúda. 

QUE GAÑAS TIÑAMOS DE FACER UNHA SAÍDA! 




luns, 25 de outubro de 2021

VOLVEN AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Onte foi o Día das Bibliotecas e nós quixemos festexalo poñendo de novo en marcha as mochilas viaxeiras. Como aínda temos que ser precavidos co tema da COVID - 19 comezamos por empregalas só nas aulas, deixando para mais adiante, que se poidan levar para a casa. De todos os xeitos iso non vai impedir que as desfrutemos a tope.





xoves, 21 de outubro de 2021

MÚSICA A FLOR DE PEL

Hoxe recibimos no noso centro a actuación musical de Música a flor de pel, organizada por A fundación. Pasámolo estupendamente e para que vexades que isto foi así aquí vai unha mostra:







Tamén vos deixamos un anaquiño do noso baile: