venres, 26 de marzo de 2021

DÍA DA ÁRBORE (21 de maio)

Ao longo desta semana estivemos traballando coas distintas árbores, arbustos, flores que temos pola contorna do centro. O alumnado da FPB de xardinaria elaborou este estupendo taboleiro que esta colocado nun dos corredores e que podemos ir a ver sempre que queiramos. 





venres, 12 de marzo de 2021

Día Internacional da Muller - 8 de marzo do 2021

Para conmemorar O Día Internacional da Muller, dende o EDLG en colaboración coa Biblioteca Escolar, elaboramos unha serie de fichas para realizar na aula ao longo desta semana. Ademais tamén fixemos a proposta de decorar os taboleiros do centro con fotos e frases de algunha muller representativa para a sociedade. Como mostra do traballo realizado, deixamos este vídeo:



Queremos facer un agradecemento especial a BANDA DE BALBINA, por cedernos unha versión da súa canción para a realización desta montaxe.