No noso centro escolarízase,
exclusivamente, alumnado con necesidades educativas especiais que require
modificacións significativas do currículo, en parte ou en todas as áreas ou
materias, e que precisa da utilización de recursos moi específicos ou
excepcionais, necesidades que non poden ser atendidas e recursos que non poden
facilitarse dentro das medidas de atención á diversidade dos centros educativos
ordinarios.
É un centro que conta coa
colaboración puntual e permanente de profesionais especialistas:
- PT
- AL
- Psicólogo
- Fisioterapeutas
- Traballadores sociais
- Adxuntos de taller
- Auxiliares técnicos educativos (Coidadores)
- Departamento sanitario
Cada etapa educativa
organiza, de forma flexible, os grupos de alumnos/as en función dos seguintes
criterios:
- Natureza e grao de discapacidade
- Intereses
- Nivel de competencia
- Estabilidade ao longo da etapa
No noso centro contamos
coas seguintes seccións:
- Infantil. Unha unidade co alumnado de menor idade. Moitos deles acuden ao centro en escolarización combinada.
- Asistencial. Unha unidade con alumnos afectados profundos e/ou plurideficientes.
- Trastornos xeneralizados do desenvolvemento – Espectro autista. Dúas unidades.
- Primaria. Catro unidades.
- Programas formativos adaptados. Dúas unidades, un programa de xardinería e outro de restauración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario