luns, 24 de abril de 2023

FELIZ DÍA DO LIBRO.


Onte con motivo do DÍA DO LIBRO, Pakolas tivo un detalle co CEE Terra de Ferrol, dedicándonos "A Ramona Pequena vai á lúa".




Moitas grazas!




Feliz Día do libro, que aínda que fose onte, sempre é un bo día para mergullarnos nas pequenas e grandes historias.

luns, 17 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO



Durante esta semana celebraremos no CEE Terra de Ferrol a "SEMANA DO LIBRO" para conmemorar "O Día do libro" que é o vindeiro domingo 23 de abril.





Para iso, cada día, o alumnado de FP realizará unha lectura cunha pequena representación ao resto do alumnado. 

Outra das actividades organizadas xunto co EDLG é ter a disposición na biblioteca unha serie de libros con material manipulativo para que os nosos alumnos e alumnas poidan vivenciar os contos. 





Tamén queremos agradecer á Asociación de Veciños "Os Irmandiños", do Val a doazón destes libros tan divertidos e interesantes dos Bolechas para todo o noso alumnado.


venres, 14 de abril de 2023

MARZO "MES DA ALEGRÍA". Actividade con CANQUERER

 

Durante o mes de marzo traballamos a emoción da ALEGRÍA. Para iso realizamos diferentes actividades a través de xogos e diferentes recursos.
 


Tamén realizamos unha actividade que nos serviu para experimentar diferentes sentimentos e sensacións a través dos animais.



Coa axuda das cadelas Duna e Isla, creamos un ambiente relaxado, onde gozamos xogando e realizando trucos con moita paciencia e ledicia.
 



Neste terceiro trimestre toca experimentar con outras emocións, imos mostrarvos como o facemos.