xoves, 25 de febreiro de 2021

Día de ROSALÍA (24/02/2021)

Segundo a  Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) onte conmemoramos, un  ano máis, o Día de Rosalía de Castro. Por iso, dende o EDLG e o Equipo de Biblioteca elaboramos as seguintes actividades para realizar na aula:

  • Unhas fichas sobre a vida e obra da autora.
  • Unha rosa para decorar e agasallar con ela a quen se queira
  • Unha selección de música con poemas de Rosalía.
  • Unha carouta elaborada por OZOCOgz.
Deixamosvos un resumo destas actividades plasmadas nestas fotos.












luns, 15 de febreiro de 2021

Estamos de ENTROIDO

 A semana do 8 ao 12 de febreiro celebramos o Entroido. Como xa imaxinaredes non tivemos un festival en común, senón que este ano fixemos festa por grupos burbulla o que non impediu que o pasaramos xenial. Tamén tivemos un Meco, aínda que un poquiño distinto ao que estamos acostumados. Para decorar o centro fixemos uns carteis para adornar os corredores con personaxes típicas do entroido galego. Esperemos que vos guste o noso resumo.




PERSONAXES TÍPICAS DO ENTRODIO GALEGO: 
O Merdeiro de Vigo, Os Galáns e As Madamas de Cobres, O Loro Rabachol de Pontevedra, O Labardeiro de Toén, O Felo de Maceda, A Pita de Eiroás e Os Choqueiros de A Coruña.