Segundo a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) onte conmemoramos, un ano máis, o Día de Rosalía de Castro. Por iso, dende o EDLG e o Equipo de Biblioteca elaboramos as seguintes actividades para realizar na aula:
- Unhas fichas sobre a vida e obra da autora.
- Unha rosa para decorar e agasallar con ela a quen se queira
- Unha selección de música con poemas de Rosalía.
- Unha carouta elaborada por OZOCOgz.
Deixamosvos un resumo destas actividades plasmadas nestas fotos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario