xoves, 25 de maio de 2023

NO CEE TERRA DE FERROL SEGUIMOS CELEBRANDO.

 

O equipo de EDLG organizou unhas actividades moi divertidas na biblioteca para celebrar o Día das Letras Galegas, homenaxeando a Francisco Fernández del Riego.

 



Despois de traballar O Medo no mes de abril,  a través de diferentes contos e actividades, este mes rematamos o programa Inclúe-T, Emocióna-T con Ceñuda, que nos axudou a traballar O Enfado e E Rabia e a como xestionar estas emocións e expresalas de maneira axeitada.




Queda moi pouquiño para terminar o curso. O Rato Roi comeza a recoller as súas cousas e xa está a pensar en cousas novas para o próximo curso...

                                                

           




luns, 24 de abril de 2023

FELIZ DÍA DO LIBRO.


Onte con motivo do DÍA DO LIBRO, Pakolas tivo un detalle co CEE Terra de Ferrol, dedicándonos "A Ramona Pequena vai á lúa".




Moitas grazas!




Feliz Día do libro, que aínda que fose onte, sempre é un bo día para mergullarnos nas pequenas e grandes historias.

luns, 17 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO



Durante esta semana celebraremos no CEE Terra de Ferrol a "SEMANA DO LIBRO" para conmemorar "O Día do libro" que é o vindeiro domingo 23 de abril.





Para iso, cada día, o alumnado de FP realizará unha lectura cunha pequena representación ao resto do alumnado. 

Outra das actividades organizadas xunto co EDLG é ter a disposición na biblioteca unha serie de libros con material manipulativo para que os nosos alumnos e alumnas poidan vivenciar os contos. 





Tamén queremos agradecer á Asociación de Veciños "Os Irmandiños", do Val a doazón destes libros tan divertidos e interesantes dos Bolechas para todo o noso alumnado.


venres, 14 de abril de 2023

MARZO "MES DA ALEGRÍA". Actividade con CANQUERER

 

Durante o mes de marzo traballamos a emoción da ALEGRÍA. Para iso realizamos diferentes actividades a través de xogos e diferentes recursos.
 


Tamén realizamos unha actividade que nos serviu para experimentar diferentes sentimentos e sensacións a través dos animais.



Coa axuda das cadelas Duna e Isla, creamos un ambiente relaxado, onde gozamos xogando e realizando trucos con moita paciencia e ledicia.
 



Neste terceiro trimestre toca experimentar con outras emocións, imos mostrarvos como o facemos.

martes, 14 de marzo de 2023

EMOCIÓNA- T con Febreiro "MES DA TRISTEZA"



Durante o mes de febreiro "MES DA TRISTEZA" realizamos diferentes actividades para traballar esta emoción co alumnado. 




Queremos compartir as fotos das diferentes tarefas que realizou, con moito esforzo,a nivel individual e grupal, o noso alumnado.







Marzo é o "MES DA ALEGRÍA" e xa estamos a tope con novos proxectos, porque sen dúbida esta emoción gusta, e moito.

luns, 13 de marzo de 2023

"A semana da prensa"



A semana pasada celebramos no C.E.E. Terra de Ferrol "A semana da prensa" e como temos un alumnado tan incrible e marabilloso, tivemos que poñelo en portada. 



Sen dúbida, encantoulles verse no xornal e mostrarnos as cousas que máis lle gustan e as que non soportan.

xoves, 9 de marzo de 2023

Emocióna-T: Isla e Duna acompáñannos nas actividades con Canquerer

 Onte comezamos unha actividade con "Canquerer".




Aproveitando que neste curso estamos dentro dos programas INCLÚE-T con EMOCIÓNA-T, que mellor maneira que experimentar emocións que a través dos animais, neste caso con Isla e Duna, dúas cadeliñas que nos acompañarán este mes de marzo, facéndonos sentir moita alegría.

Isla e Duna ensináronnos a croqueta, o saúdo e moitas cousas máis, puidemos aprender moito delas porque nas próximas sesións, tócanos a nós. 


Este mércores foi o día de contacto, e a verdade é que todos gozamos desta sesión cargada de agarimo e tenrura, creando un ambiente relaxado. 


Que ganas de que chegue o vindeiro mércores!







8 M "Día Internacional da Muller"



No C.E.E. Terra de Ferrol defendemos a igualdade de xénero e para conmemorar este 8 M "Día Internacional da Muller", o noso alumnado fixo un debuxo de mulleres importantes nas nosas vidas.




Ademais desde a biblioteca propuxemos unha serie de recursos para traballar esta data. 


"Non podemos avanzar todos, se á metade déixasenos atrás", Malala Yousafzai.

xoves, 23 de febreiro de 2023

EMOCIÓNA-T no ENTROIDO

 

 

O entroido deste curso inspirouse nas EMOCIÓNS, aproveitando que as estamos traballando a través do programa EMOCIÓNA-T



Para iso escollemos o conto "O Monstro de cores".








A película "Do Revés" .





e "Emoji" a película, p
ara que o noso alumnado gozase dunha xornada de música e baile.


TERRA DATES

 




O noso primeiro Terra Dates foi un cúmulo de emocións. 


O alumnado participou de maneira activa con mensaxes cheas de sentimento cara aos e as demais. 


E mostras de agarimo a través dun abrazo, un bico ou simplemente un sorriso.



Foi moi emotivo ver tantas emocións a flor de pel e ver esa ledicia nas súas caras.




xoves, 16 de febreiro de 2023

14 de FEBREIRO. Día do AMOR e da AMIZADE.

 


Esta semana no CEE Terra de Ferrol celebramos o Día do Amor e da Amizade. Para iso, dende a biblioteca facilitamos recursos para poder traballar o tema.

Ademais, xa que estamos levando a cabo o programa EMOTIONA-T, que mellor maneira de emocionarse que co amor e ca amizade. 

Para iso organizamos o noso "Terra Dates", un espazo onde cada quen lle pode dicir a un compañeiro ou a unha compañeira unha bonita mensaxe, ben sexa cun xesto, unha verba ou por escrito.

Así que goza do Amor e da Amizade!



martes, 7 de febreiro de 2023

NO TERRA ATOPAMOS EMOCIÓNS

 

No CEE Terra de Ferrol estamos a participar no programa EMOCIÓNA-T.

Cada mes, todo o centro traballa unha emoción, febreiro é o mes escollido para traballar a tristeza. É moi importante que o noso alumnado identifique as emocións, sexa consciente da súa intensidade e sexa capaz de manifestala de maneira asertiva, polo que este tipo de programas son moi interesantes para o desenvolvemento persoal dos nosos alumnos e alumnas.

 

Desde a biblioteca "O Rato Roi" é o encargado de ofrecernos unha serie de recursos para realizar este traballo, estar moi atentos e atentas porque ata final de curso teremos moitas sorpresas ... EMOCIONANTES!


luns, 30 de xaneiro de 2023

30 DE XANEIRO. "DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ"

 

Para conmemorar este "DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ"  realizaremos diferentes actividades. 



Decoraremos o centro con palabras e sentimentos de paz, pombas, debuxos...

Así como o tradicional chocolate con churros co que celebraremos mañá este día tan sinalado.



Desde a biblioteca propoñémoslle ao noso alumnado unhas lecturas, xogos e películas que nos axude a entender que é sentir PAZ.

Porque como dicía Gandhi: "Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño".