Como xa sabedes, o día 24 de outubro conmemoramos o día das Bibliotecas, e nós para festexalo puxémonos creativos en conxunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Convertímonos en portadas dalgúns dos contos que ten o rato Roi na biblioteca… Que como o fixemos? É mellor que o vexades vós mesmos!
Sara Luisa, Felipe, Yanhira, Pablo Primoy, Pablo Ezequiel e David fixeron uns títeres coa axuda da súa profe Lucía. Con eles contaron o conto, tanto na biblioteca coma no teatrillo que teñen na aula. Ademais, fixeron un mural para decorar a aula!
Tedes que ler o conto, é moi divertido! Esperamos que vos guste. Ata outra!
Co motivo da chegada do outono e posterior
celebración do magosto, o Equipo da Biblioteca en colaboración e coordinación
co Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística decidimos realizar un conto
entre todas as aulas do centro.
Este foi o resultado, esperamos que vos guste!
O conto foi sacado de internet. Ademais puidemos disfrutar no comedor dunhas deliciosas castañas asadas e cocidas. Mirade o que fixeron os nenos e nenas para meter as súas castañas:
Preséntome, son o rato Roi, a mascota da biblioteca do CEE Terra de Ferrol.
Este ano decidimos crear este blogue para que todos e todas poidades ver as cousas que facemos no noso centro.
Dende aquí, aproveitaremos para subir vídeos, fotografías e todo o que se nos vaia ocurrindo coa finalidade de que nos coñezades un pouquiño mellor cada día.
Imos comezar ensinándovos unhas fotos do curso pasado, cando inauguramos a nova biblioteca, e que melloramos pouco a pouco cada día.
O día da inauguración, os rapaces coñeceron as normas básicas da biblioteca a través dun vídeo realizados por OS BOLECHAS gravado polo CEIP Curros Enríquez de Celanova.
Vídeo conto: Os bolechas queren saber como é unha biblioteca.