xoves, 17 de xaneiro de 2019

A NOSA ACTUACIÓN DE NADAL

Aquí deixamos as fotos da nosa actuación de Nadal.
Foi un festival no que realizamos unha obra de teatro, "UNHA VISITA EXTRATERRESTRE".
Uns seres estraterrestres estaban a estudar as costumes do noso planeta polo Nadal.
Desexamos que vos guste moito!!!

Comezaba así....


ÉRASE QUE SE ERA, UN MES DE DECEMBRO NORMAL,
CANDO AQUÍ TODOS NA TERRA PREPARAMOS O NADAL.

MENTRAS DENDE A OUTRA PUNTA, NUNHA GALAXIA MOI LONXANA,

CINCO PINTORESCOS AMIGOS, OBSERVANNOS DENDE UNHA VILA MARCIANA.
CUN ENORME TELESCOPIO, NON NOS DEIXAN DE MIRAR,
POIS TEÑEN CURIOSIDADE POLO QUE SE ESTÁ A ARMAR.





¿QUEN É ESE PERSONAXE,DO QUE SE ESTÁN A DISFRAZAR?

NALGÚNS LUGARES DO MUNDO, APALPADOR SE FAI CHAMAR.
PERO NON SÓ EL APARECE NESTAS DATAS DE NADAL.
PAPÁ NOEL OU OS REIS MAGOS
TEÑEN RECOÑECEMENTO MUNDIAL.




O SEÑOR APALPADOR DENDE O COUREL VEN BAIXANDO
E NA CASA DOS MENIÑOS, AGASALLOS VAI DEIXANDO.
AS VECES DEIXA CASTAÑAS OU XOGUETES DE MADEIRA
O 31 DE DECEMBRO, TRABALLA TODA A NOITE ENTEIRA.




CUNHA FERMOSA CANCIÓN
ESTES NENOS E O SEU MESTRES
ÉNCHENNOS DE EMOCIÓN




ANIMADOS POLA GUAGUA
SEGUEN CANTANDO E BAILANDO
ENTRE RISAS E FESTEXOS
ESTAS FESTAS VAN PASANDO




TAMÉN TEÑEN NO NADAL
POR CANCIÓNS AS PANXOLIÑAS
TODA ESTA RAPAZADA
VAINOS CANTAR UNHA AXIÑA



ADEMAIS DAS PANXOLIÑAS
PARA CANTAR NO NADAL
PODEMOS ADAPTAR OUTRAS
E SOAN FENOMENAL



E TAMÉN O 31, PARA REMATAR O ANO,
MENTRAS AS CAMPÁS SOAN
12 UVAS VAN TOMANDO


PARA CANTAR PANXOLIÑAS NON FAI FALTA NIN FALAR,
POIS TODOS ESTOS RAPACES UNHA AGORA VAN SIGNAR.




E ESAS DÚAS RAPAZAS,
¿QUÉ INSTRUMENTO VAN TOCAR?
CREO QUE SE CHAMA GAITA,
¡ESCOITADE, QUE VAN COMEZAR!




Ningún comentario:

Publicar un comentario