Hoxe fixemos unha visita moi interesante. Estivemos en Orballo que é unha empresa adicada ao cultivo ecolóxico de multitude de plantas. Teñen té, herbas aromáticas, medicinais...Son especialistas en infusións que están boísimas e teñen nomes moi simpáticos.
Ensináronnos a importancia do respecto pola natureza e por todos os seres vivos que habitan nela. Falaron da importancia dos morcegos, das xoaniñas...e do equilibrio que todos eles constrúen.
ESTUPENDA EXCURSIÓN PARA QUE OS NOSOS FILLOS VEXAN AS POTENCIALIDADES DA NOSA TERRA.
ResponderEliminar