mércores, 10 de febreiro de 2016

ENTROIDO 2016

Este ano o tema que eliximos para a celebración do entroido foi o das profesións da nosa terra. Para levalo a cabo puxemos en marcha a nosa imaxinación e destreza manual, o resultado podedes velo no vídeo que achegamos a continuación.
Ah! E para rematar a festa fomos botar uns bailes acompañados por uns grandes músicos: "Los zares".



xoves, 4 de febreiro de 2016

DÍA DA PAZ 2016

Queremos compartir con todos vós o vídeo que elaboramos para celebrar o día da Paz no noso centro.
Nel escoitaredes unha canción de Paco Nogueiras "Apertas que voan", incluída no CD "Brinca Vai".
Desexamos que vos guste, fixémolo con moito cariño.



xoves, 14 de xaneiro de 2016

CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE CHARLES PERRAULT

Coñecedes a Charles Perrault?
É  un escritor francés de contos moi coñecidos por todos nós coma : Carapuchiña Vermella, O Gato con Botas, Cincenta, A Bela Adormecida...

Pois esta semana celebramos o seu 388 aniversario, naceu en París o 12 de xaneiro do 1628.
Celebrámolo  na biblioteca sumerxíndonos nos seus contos.