Dexesamos que vos guste fixémola entre todos con moita ilusión.
xoves, 5 de maio de 2016
LETRAS GALEGAS 2016
Entramos no mes das Letras Galegas e comezámolo coa inauguración da nosa exposición sobre Manuel María.
Dexesamos que vos guste fixémola entre todos con moita ilusión.
Dexesamos que vos guste fixémola entre todos con moita ilusión.
luns, 2 de maio de 2016
APRENDEMOS A PREPARAR UNHA MERENDA
Seguindo un conto da Editorial CEPE titulado "La merienda" aprendimos os pasos para elaborar un bocata e un zumo de laranxa.
Deixámosvos un video para que vexades todo o que aprendimos e o ben que o pasamos.
domingo, 1 de maio de 2016
CONTO E FICHAS PARA TRABALLAR CON ELMER
A amiga do rato Roi, Amadora a exploradora, que visitou o noso centro para celebrar o día do libro, deixou un agasallo na biblioteca: un libro de Elmer adaptado cos pictogramas de arasaac.
Deixámosvos o enlace por si vos interesa, así como as fichas que elaboramos para traballar o conto nas nosas aulas.
Desexamos que vos gusten e vos sexan útiles.
Enlace ao conto de Elmer adapatado:
https://drive.google.com/open?id=0B12i2UzJB4DaaXlCY3RYWVhxdEU
Enlace ás fichas en castelán:
https://drive.google.com/open?id=0B12i2UzJB4DaSnl2YVZob0pFZGM
Enlace ás fichas en galego:
https://drive.google.com/open?id=0B12i2UzJB4DaRXNlNlQwVjhKdVk
martes, 26 de abril de 2016
CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO
Tal e coma nos prometera o rato Roi, na súa última carta, visitounos a súa amiga Amadora a exploradora. Chegou dende a India onde coñeceu ao rato Roi e ao elefante Elmer e contounos a súa historia e trouxo como agasallo un libro de Elmer adaptado cos pictogramas de Arasaac.
Moitas grazas rato Roi por estas sorpresas tan bonitas que nos preparas.
xoves, 21 de abril de 2016
CHEGOU UNHA CARTA DO RATO ROI
Hoxe chegou ao centro unha carta do rato Roi, anda pola India e vai vir unha amiga súa que é exploradora a contar unha historia dun elefante moi especial que coñeceron nunha selva.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










