xoves, 20 de outubro de 2016

UNHA CARTA DO RATO ROI!

Mirade que chegou hoxe ao noso cole....Unha carta do Rato Roi!
Escríbenos dende Brasil para contarnos que vai dar a volta ao mundo e aproveitando  que anda por alí, convidou a súa amiga Yaci, unha nena de Brasil,para que nos conte unha historia. 
Que boa noticia!, así poderemos celebrar con ela o día das Bibliotecas Escolares.

Encantounos a túa carta Rato Roi!.
Desexamos que o pases moi ben coñecendo novos paises e que sigas a contarnos historias.



AS NOSAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Ola¡
Xa temos as nosas mochilas viaxeiras polas vosas casas. Espero que pasedes un bo rato de lectura con todas as persoas coas que compartides o voso tempo despois do cole.

Este curso preparamos tres mochilas con niveis diferentes que iremos variando cada trimestre.

Unha aperta
O Rato Roi



mércores, 21 de setembro de 2016

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Ola ! 
Seguro que vides con moitas forzas e ganas despois das vacacións do verán. 
Eu estou encantado de voltar, xa vos botaba de menos.

Aqui tedes o calendario escolar para este novo curso, estou seguro que vai ser estupendo!!!

Unha forte aperta do Rato Roi.






mércores, 22 de xuño de 2016

ATA SETEMBRO!!!

Hoxe remata outro curso cheo de recordos, de experiencias e de compañeiros e compañeiras, uns que quedan e outros que marchan pero que quedarán para sempre nos nosos corazóns.
Quero desexarvos que pasedes un bo verán e dicirvos que foi un pracer estar con vós.

O voso amigo o rato Roi.

martes, 21 de xuño de 2016

UNHA FESTA MOI VERANIEGA

Celebramos que o curso vai rematar cunha festa inspirada no verán, cada clase elixiu unha canción e un disfraz que tivera que ver coa nova estación, o verán.

Deixámosvos unhas fotos para  que o poidades ver.