luns, 9 de xaneiro de 2017

O BONECO DE XENXIBRE

Tal e como  prometeu o rato Roi na súa última carta, recibimos a visita de Bridget.
 
Bridget é una bibliotecaria que chegou dende os Estados Unidos para contarnos un conto típico do seu país polo Nadal.
Pasámolo moi ben e o alumnado de Restauración elaborou una galletas de boneco de xenxibre que estaban boísimas!
 
 
 
 
 
 

luns, 19 de decembro de 2016

CARTA DO RATO ROI!

Roi anda polos Estados Unidos de América e este mércores vai vir unha bibliotecaria que 

coñeceu alí a contar o conto " O boneco de xenxibre".



martes, 22 de novembro de 2016

CONTO VIAXEIRO 2016

Chegaron ao noso centro exemplares impresos do conto viaxeiro no que participamos con outros centros do Concello de Ferrol. Dende hoxe están na biblioteca a vosa disposición.
 
 
Deixámosvos tamén o enlace onde o podedes consultar na rede.

contoviaxeiroferrol.wordpress.com
 


mércores, 9 de novembro de 2016

VISITAMOS AS FRAGAS DO EUME

O pasado venres 4 de novembro o alumnado dos PFPB de Xardinería e Viveirismo e Restauración realizaron unha saída ás Fragas do Eume.

DE FESTA CO MAGOSTO E O SAMAÍN!

Deixámosvos un vídeo  coas fotos da celebración do Magosto e do Samaín para que vexades todas as actividades que realizamos .
Como nos gustan as festas!.
Queremos dar as grazas a Paco Nogueiras por deixarnos empregar a súa canción "No Samaín" do seu cd "Brinca Vai". Botádelle un ollo e dúas orellas ao CD, merece a pena!!!
 
Un saúdo do voso amigo o rato Roi.