martes, 3 de xullo de 2018

SOPA DE NADA

Boas tardes rapazada: Como xa todos sabemos este curso chegou ao seu fin e nós queremos festexalo compartindo con vós esta curta que fixemos da adaptación do libro da editorial OQO "Sopa de Nada". Grazas á oportunidade que nos deron dende o Plan Proxecta, puidemos participar no concurso Nós tamén creamos e a verdade é que gozamos moito coa súa elaboración. Seguide moi atentos ás nosas publicacións pois non descartamos en volver a repetir esta experiencia. Desexamos que vos guste:

venres, 25 de maio de 2018

OS GHAZAFELLOS NO NOSO COLE!

Que bo rato pasamos cos Ghazafellos! 

Viñeron ao noso cole coa sua obra de teatro "As mil e unha noites". Encantounos e rimos moito. 

Nós tamén queremos pedirlle un desexo a ese xenio la lámpada marabillosa....que veñan a visitarnos moitas veces máis! 
E mentres o noso desexo se cumpre, deixámosvos unhas fotos da súa actuación.


LECTURA DAS FAMILIAS

Este trimestre iniciamos esta actividade que queremos que se converta nun costume na nosa biblioteca, convidamos ás familias vir a lernos contos. A experiencia foi moi boa, aos nenos e nenas fíxolles moita ilusión.

Esperamos que as familias vos vaiades animando para participar no vindeiro curso.

Moitísimas grazas ás mamás de Lara Cortizo e de Miguel Piñeiro por participar, fixérono xenial!





UNHA NOVA CARTA DE ROI

O noso ratiño anda a viaxar por México e convídanos a coñecer este país da súa man.

Que o pasedes moi ben nesta nova viaxe!!



venres, 27 de abril de 2018

A NOSA VIAXE POR CHINA

O Rato Roi estivo viaxando por China e nós con el. Aprendimos moitas cousas deste país.
Esta semana para celebrar o día do libro e amosar todo o sabíamos sobre China reunímonos todo o cole.
Cada clase explicou todo o que traballaron sobre este país e entre todas as clases fixemos una adaptación dunha lenda china " O tigre famento e o raposo astuto" para contar co Kamishibai.