domingo, 28 de outubro de 2018

A APÓCEMA MÁXICA


Para celebrar o Samaín un grupo de alumnos e alumnas fixeron unha apócema máxica.
Aquí tedes a receita súper segreda!!!

NO CEE DE FERROL EXISTEN AS MEIGAS E OS FEITICEIROS 
E VAN A FACER UNHA POCIÓN PARA QUITAR O MAL CHEIRO.

O INGREDIENTE SEGREDO NÚMERO UN 
É AUGA DE COCER ATÚN.
(AGUA OSIXENADA)

O SEGUNDO INGREDIENTE SEGREDO
É SUOR DE MORCEGO.
 (XABÓN LÍQUIDO)
  
O INGREDIENTE SEGREDO NÚMERO TRES 
É AUGA DE LAVAR OS PÉS. 
(AUGA E LEVADURA FRESCA)

E CANDO MESTURAMOS TODO...
CHEIRA COMA O SOBACO DUN OGRO!!!


mércores, 24 de outubro de 2018

UN DÍA MOI ESPECIAL

Hoxe, 24 de outubro, celébrase o Día da Biblioteca. E, como non podía ser doutra forma, nós tamén nos quixemos unir a esta festa. Para isto, e coincidindo co día que celebramos o Magosto e Samaín no cole, elaboramos entre todas as aulas do centro un libro viaxeiro terrorífico! Tamén fixemos unha apócema máxica....





xoves, 18 de outubro de 2018

SEGUIMOS VIAXANDO

Este curso o noso rato segue a viaxar polo mundo e continúa axudándonos a coñecer países moi interesantes. Nesta ocasión ímonos a Italia!!!
Esta é a carta coa que o rato Roi nos invita a viaxar con el.




QUE BEN ESTÁS RATO ROI!!!!!

Acompañando a nova imaxe da nosa biblio o rato Roi deciciu dar un cambio a súa imaxe.

Para iso propuxo un concurso de debuxo. Todos foron estupendos así que foi tan difícil elixir un... que decidiu facer unha mestura con varios dos debuxos.




E así quedou o novo rato Roi!



luns, 15 de outubro de 2018

A NOVA IMAXE DA NOSA BIBLIO

A nosa biblioteca está de estrea e desexando enchense de xente que veña a disfrutar dos novos recursos.