Para festexar a semana das letras galegas propuxémosvos que, nesta ocasión, sexades vós os que nos contedes un conto, unha poesía... dende as vosas casas.
Aquí vos deixamos os vídeos que nos mandáchedes. Grazas a Óscar, Adonai e Juan David, Xoán, David e Diego, e as súas familias por participar e deixarnos entrar un pouquiño nas vosas casas.
Boas amiguiñas e amiguiños! O rato Roi segue cos seus contos dende a casa, e nesta ocasión, pediulle á profe Montse que nos contase o conto "A que sabe a lúa?" Agardamos que vos guste moito.
Por se despois de ver o conto, quedades con ganas de máis, tamén vos deixamos unhas actividades (de diferente dificultade). DESCARGAR
Xa vichedes o conto de Elmer? Agora para pasar un ratiño divertido, deixámosvos unha recompilación de actividades sobre o conto. Desexamos que vos gusten!