luns, 3 de maio de 2021

ZËNZAR (03 de maio)

É un grupo de rock en galego formado a finais do 1987  e composto por Manolo García (batería), Xosé A. Bocixa (voz), Paco Cerdeira (guitarra e voces), Mario Grela (guitarra e voces) e Laura Romero (baixista). Hoxe escoitaremos: MARUXA e O GALEGO.

                                                               

O MES DAS MÚSICAS GALEGAS

Hoxe comezamos o mes dedicado as Letras Galegas e dende o Equipo de Biblioteca e Dinamización tamén queremos dedicalo á música en galego. Por iso, cada un dos días deste mes ímosvos presentar a un grupo ou solista que fai música en galego para que vexades o amplo panorama musical do que gozamos por aquí. Hoxe comezamos cun grupo de rock do que temos unha mensaxe que o seu vocalista deixou para todos e todas vós. Ademais desto escoitaremos dous dos seus temas. 

                                            

venres, 23 de abril de 2021

23 de abril - DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Este curso decidimos conmemorar este día dun xeito moi especial: queremos contarvos a historia da chegada ao cole da nosa mascota O Rato Roi. 

"Todo comezou un día no que o noso ratiño paseaba pola rúa na procura de comida..."

Se queredes saber como continua a historia só tedes que ver estes dous vídeos que vos adxuntamos. Nun deles a autora da historia, Vicky González, ex - alumna do noso centro, relátanos a súa chegada e no outro puxémoslle música a súa vida.

Esperamos que vos guste tanto como nos gustou a  nós.






venres, 26 de marzo de 2021

DÍA DA ÁRBORE (21 de maio)

Ao longo desta semana estivemos traballando coas distintas árbores, arbustos, flores que temos pola contorna do centro. O alumnado da FPB de xardinaria elaborou este estupendo taboleiro que esta colocado nun dos corredores e que podemos ir a ver sempre que queiramos. 





venres, 12 de marzo de 2021

Día Internacional da Muller - 8 de marzo do 2021

Para conmemorar O Día Internacional da Muller, dende o EDLG en colaboración coa Biblioteca Escolar, elaboramos unha serie de fichas para realizar na aula ao longo desta semana. Ademais tamén fixemos a proposta de decorar os taboleiros do centro con fotos e frases de algunha muller representativa para a sociedade. Como mostra do traballo realizado, deixamos este vídeo:



Queremos facer un agradecemento especial a BANDA DE BALBINA, por cedernos unha versión da súa canción para a realización desta montaxe.