Xabier Díaz é un músico galego, cantante, compositor, investigador e compilador de música tradicional, que formou parte de grupos como Rumbadeira, Nova Galega de Danza, a Cada Canto e Berrogüetto. Nos últimos anos editou e publicou varios discos xunto as Adufeiras do Salitre. Hoxe escoitamos: CANTIGA DA MONTAÑA e NO SALÓN DAS CEREIXAS.
martes, 18 de maio de 2021
xoves, 13 de maio de 2021
SON DA RÚA (13 de maio)
SonDaRúa é un grupo de rap galego creado en 2016 en Ponteareas e formado por Hugo Guezeta, Alex Arnoso e That Ba. Hoxe escoitaremos: LIBERANDO MENTES e OS DOUS DE SEMPRE.
mércores, 12 de maio de 2021
TEATRO CON G
Hoxe mércores, puidemos gozar da interpretación de As pitas baixo a choiva do grupo de teatro Ghazafelhos grazas a posibilidade de ver esta obra nunha retransmisión en directo. Por iso queremos dar o noso agradecemento a ASOCIACIÓN LINGÜÍSTICO-CULTURAL - COORDENADORA DE EQUIPAS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA de Ferrol.
RUXE RUXE (12 de maio)
Ruxe Ruxe é un grupo de música galego formado en Aríns (Santiago de
Compostela) no 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais
galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre
con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada nas
que predominan os textos costumistas, os de carácter social e o realismo
máxico. Hoxe escoitaremos: BOTARSE
A ANDAR e ROCK
DO PAÍS.
martes, 11 de maio de 2021
ÓSCAR FOJO (11 de maio)
Óscar Fojo Lamas é un cantante, compositor e guitarrista ferrolano que foi membro durante uns anos do grupo de rock “El viejo caracol”. Agora canta en solitario cunha mestura de estilos nos que predomina o rock, aínda que tamén contén pinceladas de folk e blues. Hoxe escoitaremos: NAS TÚAS MANS e POR QUE RAZÓN? Tamén nos deixou este vídeo para animarnos a seguir escoitando música en galego.
