xoves, 3 de febreiro de 2022

30X - DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o Día da Paz co tradicional chocolate con churros pero, ao longo de toda esta semana, estivemos decorando o cole. Quedou así de bonito: 




venres, 21 de xaneiro de 2022

AULAS CON MOITO ARTE

 Este trimestre decidimos realizar no cole uns talleres moi creativos. O primeiro foi hoxe e só necesitamos:

ESPUMA DE AFEITAR

COLORANTES ALIMENTICIOS

Para que vexades como gozamos neste día aquí vos deixamos unha mostra fotográfica:






xoves, 25 de novembro de 2021

25N

Para conmemorar un día tan importante coma o de hoxe decidimos facer un mural e expoñelo na entrada do centro.




Tamén se uniron outros departamentos a esta celebración.


Ademais, o alumnado das FPB de Xardinaría e Restauración acudiu a sala de xuntas para ver varios vídeos relacionados con este tema e participar nun debate posterior.




venres, 12 de novembro de 2021

O MAGOSTÍN

Onte, xoves 11 de novembro, aproveitando a festa do San Martiño, celebramos no centro o MAGOSTÍN (Magosto + Samaín). Polas aulas desprazáronse dous seres do inframundo co seu Monstro Comemedos.


Estes seres ían de aula en aula recitando o seguinte conxuro:

CONXURO QUITA - MEDOS

"Pantasmas, esqueletes,
vampiros e demos.
Aquí vai este conxuro
para quitar os nosos medos.

Da igual o que che asuste,
e si che fai tremer.
Gardados nesta caixa
non os volverás ver.

E aquí ben gardadiños
co lume, arderán
e así os nosos medos
desaparecerán."


Logo, recollían os medos dos nosos alumnos e alumnas e facíanos desaparecer.
















E, para rematar, nada mellor que comer unhas ricas castañas acompañadas dunhas xelatinas que fixeron en Restauración.