xoves, 14 de xaneiro de 2016

CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE CHARLES PERRAULT

Coñecedes a Charles Perrault?
É  un escritor francés de contos moi coñecidos por todos nós coma : Carapuchiña Vermella, O Gato con Botas, Cincenta, A Bela Adormecida...

Pois esta semana celebramos o seu 388 aniversario, naceu en París o 12 de xaneiro do 1628.
Celebrámolo  na biblioteca sumerxíndonos nos seus contos.




venres, 27 de novembro de 2015

IMOS DE FESTA!!!

Para celebrar o Magosto e o Samaín fixemos unha festa na que representamos o conto" Corre, corre cabaciña", tivemos talleres e xogos con obxectos do outono, vimos un vídeo explicativo destas festas e o mellor de todo... fixemos unha merendola con castañas asadas e cocidas.
Deixámosvos  unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos.